Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobada inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 29 de outubro de 1998, a memoria valorada de finalización da residencia da terceira idade- anualidade 1998, redactada polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, queda exposta ó público na Secretaría deste concello, durante o prazo de oito días hábiles -que empezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción deste edicto no BOPpara efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o concurso

público urxente e o procedemento aberto da obra de finalización da residencia da terceira idade-anualidade 1998, expoñéndose ó público por un prazo de catro días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas. Pola súa vez, convócase licitación pública para a adxudicación da devandita obra, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións á memoria valorada ou ó prego, reanudándose, o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución das reclamacións.

Obxecto do contrato: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da obra de finalización da residencia da terceira idade-anualidade 1998.

Tipo de licitación.: é de 5.000.000 de pesetas, con IVE incluído.

Prazo de execución: 1 mes.

Garantías: a provisional establécese en 100.000 pesetas e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

Prazo de presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 2 do prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentaran simultaneamente coa proposición e en sobre á parte os documentos que se indican na referida cláusula.

Vila de Cruces, 2 de novembro de 1998.

Alcalde-presidente

Rubricado

10099