No BOP de Pontevedra, número 198, datado o 14 de outubro de 1998, aparecen publicadas as bases da convocatoria realizada polo Concello de Vila de Cruces, para prove-la praza seguinte:
Denominación: auxiliar administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de auxiliar administrativo, grupo D.
Titulación esixida: graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.
Nº de prazas: unha.
Sistema de acceso: concurso-oposición.
Dereitos de exame: 3.000 pesetas.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anunio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
Vila de Cruces, 16 de outubro de 1998.
O alcalde-presidente
Rubricado
10103