Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante concurso, de diversas obras incluídas no convenio Xunta-Deputación, sobre infraestructuras deportivas 1997-2001.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras:

1. Polideportivo cuberto en Deiro (Vilanova): 26.544.300.

2. Polideportivo cuberto en Baión (Vilanova): 26.544.300.

3. Polideportivo cuberto en Tremoedo (Vilanova): 29.685.541.

4. Ampliación e mellora do campo de fútbol municipal (Vila de Cruces): 40.000.000.

5. Piscina municipal de Dena-Meaño: 48.000.000.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: para as obras 1, 2 e 3: grupo C; subgrupos 3, 4 e 6, categoría c. Para a obra nº 4: grupo A, subgrupo 2, categoría c, e grupo C, subgrupos 1 e 9, categoría c. Para a obra nº 5: grupo C, subgrupo 2, categoría c.

Plazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra: Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 29 de outubro de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado