Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Bazar (Castro de Rei-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Bazar (Castro de Rei-Lugo), que con obxecto de que tomen posesión delas, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución e que se fixa como data límite, para a dita toma de posesión, a do 31 de outubro de 1998, excepto árbores madeirables, que será o 31 de xaneiro de 1999, a falta de acordo do seu propietario e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados desde o 2 de novembro de 1998, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga as que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 14 de outubro de 1998.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

de Lugo

9703