Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 13 de outubro de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios da zona de concentración parcelaria da zona de Maceda (Boiro-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Maceda (Boiro-A Coruña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección

Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios. A citada toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen( artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Os interesados poderán reclamar ante esta Xefatura (edificio administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña) e xuntarán dictame pericial , sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, dentro dos trinta días seguintes ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos, o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estiveran pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre o achegante e adxudicatario; en caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega dentro dos tres meses seguintes ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia, logo de petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 13 de outubro de 1998.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe de Servicio de Desenvolvemento Rural

da Coruña

9690