Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 419/1997).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, se incoa o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, ós efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,220 km con orixe no apoio de formigón 1B-11 da L.M.T. a C.T. Ermida de Ternande (expediente 26844) e final no centro de transformación proxecto de Peiro, en conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios de formigón. Liña de media tensión aérea

a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,012 km con orixe no apoio de formigón 2(1B-11) da L.M.T. a C.T. Ermida de Ternande (expediente 26844) e final no centro de transformación proxectado de Peiro de Arriba, en conductor LA 56/54,6 mm, sobre apoios de formigón. Centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA 15.000/380-220 V en Peiro de Arriba. Centro de transformación tipo intemperie, de 100 kVA 15.000/380-220 V en Peiro de Arriba. Liña de baixa

tensión aérea de 0,370 km de lonxitude con orixe en centro de transformación proxectado de Peiro, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea de 0,685 km de lonxitude con orixe en centro de transformación proxectado de Peiro de Arriba, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 419/1997).

Finalidade: mellora a seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Peiro de Arriba (termo municipal de Culleredo).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectificar a titularidade dos predios, se este é o caso, e recabar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examinar o proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, Edificio Administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación se realiza igualmente ós efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultar os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 15 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegación provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 419/1997Provincia: A Coruña

L.M.T. a C.T. Peiro de Arriba IITermo municipal: Culleredo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2/1XicanLabradíoPilar Otero MartínezXeneral Sanjurjo, 167-baixo,

15006 A Coruña

10160

2/2XicanPiñeiralPilar Otero MartínezXeneral Sanjurjo, 167-baixo,

15006 A Coruña

1220320

2/3XicanMonte altoFlora Souto RamaSigrás-Edif. Ayan, 1º I,

15181 Cambre

221201.920

L.M.T. a C.T. Peiro de Arriba I

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1/1XicanPradoVictoria Pose BlancoAv. Vilaboa, 131-3º I,

15174 Vilaboa-Culleredo

œ C.T.31296

9704