Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. illa de San Simón.
Situación: concello de Redondela.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 850 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente de Lazareto, ata o C.T. que se proxecta na illa de San Simón, concello de Redondela. C.T. tipo prefabricado, de 250 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V, na illa de San Simón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 28 de setembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
9093