Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/246-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. en centro Laracha con C.S. e Der. Sub. a varias L.M.T.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: centro de seccionamento e manobra de instalacións eléctricas de media tensión para liñas a 20 kV, con 5 celas tipo C.G.M. en S.F.6, ás que chegan conductores, baixo tubo, tipo R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al: -Unha cela chegada liña de 17 m de lonxitude, con orixe na liña aérea Cillobre-Laracha-Proame-Regado. -Unha cela chegada liña de 180 m de lonxitude, con orixe na liña Cillobre-A Piña-Montemior. -Unha cela saída liña que alimenta C.T. Laracha e C.T. Fontenova de 180 m de lonxitude. -Unha cela saída liña A.C.T. E.S.O. e liña Proame-Regado, de 220 m de lonxitude. -Unha cela saída liña A Piña-Montemaior, de 250 m de lonxitude. -As instalacións localízanse no predio chamado Condesa, nas inmediacións da urbanización O Recreo e E.S.O. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9486