Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Reigada (Ribadeo).
Situación: Ribadeo.
Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV sobre apoios metálicos e conductor LA-56 de 160 m de lonxitude. Centro de transformación de intemperie 20.000/380-220 V (160 kVA). Rede de baixa tensión aérea a 380/220 V en R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 28 de setembro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9486