Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.064

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Consonte co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, procede a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra do seguinte acordo, adop

tado polo Pleno da Corporación Provincial na súa sesión ordinaria do día 29 de maio de 1997.

Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, as delegacións que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais, realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra, o concello da provincia que a continuación se relaciona. Delegacións que se levarán a cabo pola deputación a través do seu organismo autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais.

Concello de Vilanova de Aurousa delega expresamente na deputación provincial as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación dos seguintes recursos (Acordo Pleno 20-1-1997.

-Imposto sobre bens inmobles.

-Imposto sobre actividades económicas.

-Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

-Taxas por recollida de lixo.

-Taxas por rede de sumidoiros.

Pontevedra, 26 de febreiro de 1998.

Rogelio Nicieza de la Cerra.

Secretario do organismo autónomo provincial

de Xestión de Recursos Locais de Pontevedra

Visto e Prace

Julio Pedrosa Vicente

Vicepresidente do organismo autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais de Pontevedra

10051