Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.064

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Consonte co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, procede a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra do seguinte acordo, adoptado polo Pleno da Corporación Provincial na súa sesión ordinaria do día 30 de xaneiro de 1997.

Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, as delegacións que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais, realizaron, seguindo o establecido nos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra, os concellos da provincia que a continuación se relacionan. Delegacións que se levarán a cabo pola deputación a través do seu organismo autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais.

Concello de Catoira delega expresamente na deputación provincial as facultades de xestión, liquidación e recadación das taxas municipais de rede de sumidoiros, abastecemento de auga e recollida de lixo, así como a recadación executiva de tódolos tributos municipais. (Acordo Pleno 27-7-1996).

Concello de Mos delega expresamente na deputación provincial as facultades de xestión, liquidación e recadación executiva dos seguintes recursos. (Acordo Pleno 20-12-1996).

a) Imposto de construccións, instalacións e obras.

b) Imposto de vehículos de tracción mecánica.

c) Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

d) Taxa por licencia de apertura de establecementos.

e) Taxa por matadoiro municipal.

f) Taxa por recollida de lixo.

g) Taxa por servicios de rede de sumidoiros.

h) Infraccións urbanísticas.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 1998.

Rogelio Nicieza de la Cerra

Secretario do organismo autónomo provincial

de Xestión de Recursos Locais de Pontevedra

Visto e Prace

Julio Pedrosa Vicente

Vicepresidente do organismo autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais de Pontevedra

9541