Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.063

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de maio de 1996, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, as delegacións que en materia

de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais, realizaron, seguindo o establecido nos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra, os concellos da provincia que a continuación se relacionan:

-Bueu. (Acordo Pleno 26-11-1994). Facultades de recadación en vía executiva do IVTM, prezo público por instalación de portadas, escaparates e vitrinas, prezo público por ocupación do subsolo, solo e voo na vía pública (vías e marquesiñas), taxa por servicio de sumidoiros, prezo público por entrada de vehículos, reserva da vía pública para aparcamentos, carga e descarga de mercadorías e taxa por recollida de lixo (rural).

-Caldas de Reis. (Acordo Pleno 27-10-1995). Xestión, liquidación, recadación e inspección dos seguintes recursos: taxas e prezos públicos por abastecemento de auga, recollida de lixo e rede de sumidoiros; recadación en vía executiva de tódolos conceptos, incluso multas.

-Catoira. (Acordo Pleno 28-3-1995). Xestión do cobramento dos seguintes recursos: IVTM.

-Crecente. (Acordo Pleno 29-12-1994). Recadación dos seguintes recursos: prezo público por subministración de auga, taxas de rede de sumidoiros.

-Mondariz Balneario. (Acordo Pleno 30-12-1995). Recadación dos seguintes recursos: IVTM (incluída a confección e o mantemento do padrón), taxas por rede de sumidoiros e recollida de lixo, prezos públicos por subministración de auga e servicio de mercado municipal.

-Meaño. (Acordo Pleno 5-2-1996). Xestión, liquidación e inspección dos seguintes recursos: taxa por recollida do lixo, recadación en vía executiva de taxas, prezos públicos, multas, sancións e do ICIO.

-Pazos de Borbén. (Acordo Pleno 13-7-1995). Recadación voluntaria e executiva dos seguintes recursos: abastecemento de auga, canon casa do médico e os que lle sexan enviados pola Tesourería municipal.

-Salvaterra de Miño. (Acordo Pleno 15-9-1994). Xestión, inspección, liquidación e recadación dos seguintes recursos: IVTM.

-Tomiño. (Acordo Pleno 18-10-1995). Xestión, inspección, liquidación e recadación dos seguintes recursos: IBI, IAE, IVTM, este último a partir do exercicio de 1996.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 1997.

Rogelio Nicieza de la Cerra

Secretario do organismo autónomo provincial

de Xestión de Recursos Locais de Pontevedra

Visto e Prace

Julio Pedrosa Vicente

Vicepresidente do organismo autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais de Pontevedra

9540