Obxecto: contrato de servicios para a realización da Campaña Concertada para o Nadal 98 destinada á terceira idade. Considera dúas modalidades. Ningún residente sen agasallo e Nadal entre amigos.
Orzamento de licitación: 20.000.000 de ptas. (IVE incluído).
Prazo execución: 1 mes.
Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público polo trámite de urxencia.
Garantía provisional: 400.000 ptas.
Clasificación requirida: grupo II, subgrupo 8, categoría D.
Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.
Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas
da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achaga-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Variantes: non se admiten.
Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.
P.D.(Orde 12-5-1998)
Manuel Aguilar López
Director xeral de Servicios Sociais
9688