Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada P.C. número 2, a favor de José Manuel Piñeiro Romero, Jesús Mª Piñeiro Romero e Beatriz Martínez Rial.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 22 de novembro), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: P.C. nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula 17.

Data da concesión: 10-5-1972.

Data de finalización da última prórroga: 6-6-2002.

Anterior concesionario: Luís Castelo Domínguez (33.112.869) e Carmen Trasbach Paz (33.112.873).

Novo titular da concesión e batea: José Manuel Piñeiro Romero (76.965.321), Jesús Mª Piñeiro Romero (44.816.395) e Beatriz Martínez Rial (76.970.213).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como

obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 14 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

10069