Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/209-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Matadero Comarcal del Deza, S.A.

Domicilio social: polígono industrial de Botos, 36500 Lalín.

Denominación: central de coxeración no polígono industrial de Botos.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: central de coxeración composta dun grupo motoxerador de 1.110 kW. Dous tanques de 30.000 litros para almacenamento de gasóleo. Transformador 1.600 kVA de potencia. Equipo de control, regulación, protección e ensamblaxe no polígono industrial de Botos, concello de Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 7 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

010070