Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/176-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de finca Méndez.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 470 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV con orixe en cela de liña do C.T. subterráneo existente de edificio de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e remate en punto de conexión coa L.M.T. subterránea existente a C.T. circunvalación. 2 C.T. non prefabricados proxectados subterráneos de finca Méndez-1 e finca Méndez-2, ambos con 630 kVA e R/T 20.000/380-220 V. 2 R.B.T. subterráneas con orixe nos anteriores C.T. de 390 e 380 metros respectivamente en conductores R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9428