Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/175-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. Celanova oeste.

Situación: Celanova.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 950 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV con orixe en apoio da L.M.T. dobre circuíto subestación Celanova a C.T. Celanova e remate no C.T. existente do cercado. C.T. prefabricado de manobra exterior a Ermida con 400 kVA e R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9429