Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Chaveán-Chaveanciños.
Situación: Chandrexa de Queixa.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 814 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 8 da L.M.T. a C.T. Chaveán e remate no C.T. aéreo con 50 kVA, R/T 2.000/380-220 V de Pedrazas. R.B.T. aérea do C.T.A. de Pedrazas de 360 metros en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 25 de setembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
9430