Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/232-4).

Para ós efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigo 52, 53 e 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sómetese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón 38, Vigo.

Título: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sopegal-Xuncal.

Situación: Baiona.

Características técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 602 m de lonxitude, con conductor tipo

LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 5 da L.M.T. ó C.T. Outeiro remantando no C.T. que se proxecta en Sopegal-Xuncal, concello de Baiona. C.T. de 100 kVA, relación de transfomración 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 602 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 30 de setembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/232. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Sopegal-Juncal.Termo municipal: Baiona.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1RibeiraLabradíoAmelia Rodríguez VilasRiveira-Sabarís 14, 36393 Baiona64640

1/ACampo MuíñoPradoH. Emilio Rouco FernándezDevesa-Sabarís, s/n, 36393 Baiona1220200

3CoutosPradoH. Emilio Rouco FernándezDevesa-Sabarís, s/n, 36393 Baiona860

8PomalPradoH. Emilio Rouco FernándezDevesa-Sabarís, s/n, 36393 Baiona770

9PereirasPradoJosé Alberto Rodríguez RománCño. Pouquena-Sabarís, s/n, 36393 Baiona3265650

16Campo EsmolPradoJosé Antonio Miniño CoutoRío-Baíña 11, 36300 Baiona12120

17Campo EsmolPradoCarmen Otero Álvarezr/ Burgo 106, 36300 Baiona4226260

19SopegalViñedoJuan Misa ValverdeSopegal-Sabarís 10, 36393 Baiona28168

20SopegalMonte baixoJosé Antonio Montes FernándezAvda. Monte Real, s/n, 36300 Baiona5229174

9431