Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/177-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Baltar.

Situación: Baltar.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 814 metros en conductor LA-56, con orixe en apoio de formigón sen numerar da L.M.T. existente ó centro de saúde de Baltar e remate en apoio nº 8 da L.M.T. aérea proxectada ó C.T. aéreo pé de poste con 250 kVA e R/T 20.000/380-220 V de Baltar. L.M.T. subterránea a 20 kV de 5 metros en conductor

R.H.V.-12/20 kV con orixe en apoio nº 8 da L.M.T. aérea e remate no C.T. pé de poste proxecta de Baltar. C.T. tipo intemperie de Baltar con 100 kVA e R/T 20.000/380-220 V. 2 R.B.T. aéreas de 1.530 e 465 metros respectivamente en conductor R.Z. e unha R.B.T. subterránea de 10 metros en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9427