Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.017

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Urbaser, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empesa Urbaser, S.A. (código 2700452), da provincia de Lugo, asinado o día 22 de setembro de 1998, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la insrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de setembro de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Acta da sinatura do convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. de Lugo.

Asistentes

Por parte da empresa:

Rubén Varela Cadahía

Juan Pablo Guerrero García

Javier Alonso Vilariño

Pola parte social:

UGT.:

José Manuel Núñez Fernández

Manuel Lorenzo Fernández

Antonio Rodríguez Seoane

Pedro Morcuende Suárez

José Andrade López

José Manuel Vázquez Castro

Carlos Roberto Arias Varela

Asesores:

Ricardo Varela Sánchez

Juan Carlos Araujo Rodríguez

CC.OO.:

Julio Pacios Valín

Juan Carlos Parapar García

Asesores:

Anselmo Sampedro Anaia

Manuel Roibas Folgueira

Reunidos en Lugo, sendo as 17 horas, do día 22 de setembro de 1998, nos locais da Unión Xeral de Traballadores, reúnense os arriba mencionados integrantes todos eles da comisión deliberadora do convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. de Lugo, e toman os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. de Lugo, que se une á presente acta, así como as táboas salariais que tamén a xuntan.

Segundo.-Remiti-lo presente documento, cos seus anexos, á autoridade laboral competente, para cumpri-los efectos legais oportunos, entre eles o da súa publicación no BOP.

Terceiro.-As dúas partes, en caso de conflicto, acordan someterse ó determinado no Acordo Galego de Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos (AGA).

Cuarto.-Unha vez acabada a vixencia temporal do convenio, que queda determinado no seu artigo 4º.-Ámbito temporal, o seu articulado e táboas salariais quedarán vixentes ata que se asine un novo no que se especifique con claridade o dito ámbito, quedando obrigados a cumprilo ata que suceda o suposto que se menciona. O pactado neste convenio

é un dereito adquirido polos traballadores e ningún outro convenio poderá rebaixa-las condicións socioeconómicas pactadas nel.

E sen máis asuntos que tratar asinan a presente acta, sendo as 18.30 horas do día sinalado ut supra.

Rubricado

Texto convenio colectivo da empresa Urbaser de Lugo, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo é de ámbito de empresa e regula as relacións laborais na empresa concesionario dos servicios públicos de limpeza do Concello de Lugo Urbaser, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo subscríbese para o ámbito territorial do termo municipal de Lugo, na cal a empresa realiza, por concesión administrativa do Concello de Lugo, a limpeza pública no indicado termo municipal.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio os traballadores da empresa concesionaria dos servicios de limpeza viaria, recollida de lixo, vertedoiro controlado, vertedoiro de residuos inertes, servicio de mantemento de papeleiras e contedores do Concello de Lugo.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración dun ano, coa vixencia desde o 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 1998.

Artigo 5º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 1998.

Artigo 6º.-Denuncia.

Estipúlase un prazo de duración dun ano, ou sexa, ata o 31 de decembro de 1998, pactándose de común acordo que, con antelación de 3 meses á data de expiración, se consideran automaticamente denunciado.

Artigo 7º.-Salarios.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se anexa.

Artigo 8º.-Gratificación de transporte e/ou asistencia.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se anexa.

Artigo 9º.-Gratificación de actividade.

Durante a vixencia do convenio son as gratificacións sinaladas na táboa que se xunta, en 12 mensualidades.

Artigo 10º.-Gratificación por traballo penoso, tóxico e perigoso.

Durante a vixencia do convenio son as gratificacións sinaladas na táboa que se xunta.

A gratificación por traballo penoso e perigoso valórase como o 20% do salario base.

A gratificación por traballo tóxico, para o persoal adscrito ó servicio de vertedoiro e equipo mixto, será o 30% do salario base.

O cálculo das gratificacións realizarase sobre 313 días, sendo o divisor para os peóns 25 días, e para o resto do cadro de persoal, 30 días.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Establécense catro pagas, que comprenden, cada unha delas, o salario base, antigüidade e gratificación de transporte, que se aboarán o día 15 dos meses de marzo, xullo, setembro e decembro.

Artigo 12º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dun período vacacional de 31 días.

Establécese como período vacacional os meses de xullo e agosto.

Aqueles traballadores que o acorden coa empresa poderán desfrutalo en calquera mes non fixado, sempre que o comuniquen antes do 30 de maio do ano en vixencia.

O calendario de vacacións establecerao a comisión mixta paritaria do convenio.

O calendario de vacacións de 1998 terá que estar exposto, no taboleiro de anuncios da empresa, antes do 30 de maio de 1998.

Artigo 13º.-Incapacidade temporal.

En caso de baixa por incapacidade temporal (IT), establécese o aboamento do 100% da mensualidade normal, sen ningún límite.

Acórdase a creación dunha comisión especial de control de absentismo, co obxecto de reducir polo menos en dous puntos o índice de absentismo.

Por parte dos traballadores esta comisión estará formada polos delegados de prevención.

Artigo 14º.-Vestiario.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada 2 anos as seguintes pezas:

Conductores.

* Inverno:

2 pantalóns.

2 camisas.

2 xerseis.

1 cazadora.

1 anorak.

1 par de botas de seguridade.

Luvas anticortes.

* Verán:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 xersei.

1 par de botíns.

Peóns.

* Inverno:

2 pantalóns.

3 camisas.

2 xerseis.

1 cazadora.

1 anorak de tres pezas.

1 par de botas de seguridade.

1 par de botas de auga.

1 traxe de augas.

Luvas anticortes.

* Verán:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 xersei.

1 par de botíns.

Persoal de taller.

2 pantalóns.

2 camisas.

1 xersei.

3 fundas.

2 pares de botas de seguridade.

A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio, a roupa de inverno do 15 ó 30 de setembro.

Artigo 15º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria, que debe interpretar este convenio, componse dun membro, por cada dous membros do comité de empresa ou fracción que pertenzan á mesma candidatura sindical, e que pola súa banda sexan asinantes do convenio, e o mesmo número de representantes por parte da empresa.

A esta comisión correspóndelle a vixilancia e interpretación do convenio.

A dita comisión queda distribuída da seguinte maneira:

-Cinco membros por parte da empresa.

-Cinco membros por parte do comité de empresa.

Artigo 16º.-Normas de subsidiaria aplicación.

En todo o non previsto neste convenio, aplicarase subsidiariamente o convenio xeral do sector de limpeza pública, viaria, riscos, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación da rede de sumidoiros. BOE (7-3-1996).

Artigo 17º.-Garantía do posto de traballo.

O cambio de titularidade da empresa non extinguirá, por si mesmo, a relación laboral, quedando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigas do anterior.

Artigo 18º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 39 horas semanais, de luns a sábado, cun descanso de 30 minutos para bocadillo. Esta xornada distribuirase en tres quendas continuadas, non existindo xornada partida exceptuando administración, que, en período estival, a terá continuada.

Establécese unha libranza, para tódolos traballadores, de dous sábados ó mes en período non vacacional, e dun sábado ó mes en período vacacional, e un sábado libre engadido nalgún dos meses que por distribución do calendario teña cinco sábados.

Os días 24 e 31 de decembro non son laborables para os traballadores da quenda nocturna, con reanudación dos servicios ó día seguinte en horario normal.

Artigo 19º.-Póliza de seguros.

Para tódolos traballadores contratarase, por parte da empresa, unha póliza de seguros individual ou colectiva, que cobre, en caso de morte ou invalidez, unha contía de 3.785.100 ptas.

Artigo 20º.-Desconto cota sindical en nómina.

A tódolos traballadores que o soliciten descontaráselles das súas nóminas a cota sindical, a cal se ingresará no número de conta bancaria que determine a central sindical á que estea afiliado.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Mentres persista a actual situación de desemprego non se realizarán horas extraordinarias, salvo en casos de forza maior. Neste suposto establécese unha libranza de dúas horas por cada hora traballada.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

Establécese unha contía, por axuda de custo, de 7.161 ptas. por día. A empresa poderá optar, polo aboamento da dita cantidade, ou ben polo pagamento de gastos xustificados.

Artigo 23º.-Festivos.

Aboaranse de acordo co determinado na táboa anexa.

Artigo 24º.-Festividade patronal.

A festividade de San Martiño de Porres, o día 3 de novembro, considérase non laborable para tódolos efectos. No caso de coincidir en festivo ou nun día

de difícil aplicación, trasladarase ó mércores posterior ou anterior.

Artigo 25º.-Excedencia laboral.

É a que se concede por un prazo superior a un ano e inferior a cinco, sen que se compute o tempo que dure esta situación, para efectos de aumentos por anos de servicio. Deberá ser solicitada por escrito polo comité de empresa ou membro del ou delegados das seccións sindicais legalmente constituídas. O prazo de concesión ou denegación non poderá exceder de 20 días naturais. A negativa só poderá basearse nas seguintes causas:

a) Prazo perentorio de realización de servicio.

b) Non levar, como mínimo, un ano de servicio na empresa.

c) Ter disfrutado doutra excedencia nos cinco anos últimos.

A petición de excedencia voluntaria deberá despacharse favorablemente cando sexa a causa de terminación ou ampliación de estudios, esixencias familiares de carácter ineludible ou outra análoga, que sexa acreditada debidamente polo traballador.

Se o traballador non solicitara o reingreso trinta días antes do termo do prazo sinalado para a excedencia, perderá o dereito ó seu posto de traballo na empresa.

O traballador incorporarase, automaticamente, ó finaliza-la mencionada excedencia.

Artigo 26º.-Licencias retribuídas.

Tódolos traballadores terán dereito ó desfrute de licencias na forma e condicións seguintes:

1. 20 días por matrimonio.

2. 3 días en caso de nacemento dun fillo.

3. 3 días por enfermidade grave ou morte de familiares en primeiro grao (pai, nai, fillos, irmáns e cónxuxe) por consanguinidade ou afinidade.

4. 5 días cando polo motivo anterior, necesite realizar desprazamento.

5. 2 días por traslado do domicilio habitual.

6. 1 día por morte de tíos, sobriños, avós, etc.

7. 6 días por asuntos propios, logo de comunicación, non podendo coincidir no cadro de persoal máis de tres permisos o mesmo día. A comisión paritaria regulará coa empresa o uso dos ditos días. Os permisos solicitaranse a través do secretario do comité de empresa ou persoa en quen delegue, os ditos días poderán ser desfrutados ata o 28 de febreiro de 1999.

8. Polo tempo indispensable para a asistencia médica a especialista.

9. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

10. 1 día por matrimonio de fillos ou irmáns. Fóra da provincia, 3 días.

11. 1 día polo primeiro aniversario da morte de familiares en primeiro grao.

12. 1 día polo bautizo dun fillo.

Artigo 27º.-Retirada do permiso de conducir.

Nos supostos de sanción, con vehículos da empresa en horas de traballo, que supoñan a retirada do carné de conducir, sempre e cando non houbese mala fe ou dolo na consecución dos feitos, a empresa estará obrigada a darlle traballo sen menoscabo das súas percepcións salariais e polo tempo que dure a retirada do carné.

No suposto de que a dita sanción se produza fóra das horas de traballo, a empresa proporcionaralle outro traballo, percibindo o salario correspondente á categoría que se lle asigne e polo tempo que dure a retirada do carné de conducir. Este beneficio quedará sen efecto no caso de conducción en estado de embriaguez.

Artigo 28º.-Revisión médica.

A tódolos traballadores efectuaráselles, unha vez ó ano, unha revisión médica completa ou cantas veces sexa necesaria a petición do traballador. Os resultados da revisión seranlle entregados ó traballador.

Artigo 29º.-Compensación por xubilación.

Para aqueles traballadores, cun mínimo de 8 anos de antigüidade na empresa, establécese os seguintes premios por compensación da súa xubilación anticipada:

a) Ós 60 anos 511.500 ptas.

b) Ós 61 anos 460.350 ptas.

c) Ós 62 anos 409.200 ptas.

d) Ós 63 anos 358.050 ptas.

e) Ós 64 anos 306.900 ptas.

Artigo 30º.-Sancións.

No suposto de que a empresa incoe expediente sancionador, deberá informar del ó comité de empresa e delegados das seccións sindicais legalmente constituídas.

Artigo 31º.-Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), o 31 de decembro de 1998 respecto ó 1 de xaneiro de 1998, supere o 2'3%, revisaranse as táboas salariais no exceso que supere tal incremento.

As ditas diferencias calcularanse con efectos do 1 de xaneiro de 1998 e aboaranse o 31 de xaneiro de 1999. A dita revisión servirá como base para establece-los salarios de 1999.

Artigo 32º.-Atrasos salariais.

Os atrasos salariais do ano 1998 aboaranse coa nómina do mes en que se asine este convenio.

Artigo 33º.-Xubilación voluntaria ós 64 anos.

De conformidade coa lexislación vixente e para aqueles casos en que os traballadores con 64 anos cumpridos desexen acollerse ó contrato por substitución, co 100% da súa pensión, a empresa verase obrigada a realizalo e contratará outro traballador mediante un contrato da mesma natureza có extinguido.

No suposto deste artigo o traballador xubilado terá dereito a percibi-lo estipulado no artigo 29º.

Artigo 34º.-Mantemento de emprego.

Establécese que o número de traballadores fixos é de 103 traballadores, sen que sexa necesario que o novo posto de traballo fixo sexa para cubrir exactamente a vacante creada. Non obstante en caso de que sexa un posto susceptible de promoción interna seguirase o establecido no artigo 36º. Antes de facer fixo un traballador a empresa poderá acollerse ó establecido no artigo 37º deste convenio.

Artigo 35º.-Previsión de vacantes.

A empresa acepta que tódolos postos de traballo se cubran, en primeiro lugar, de maneira interna. Sendo cubertas nun prazo máximo de 15 días.

Artigo 36º.-Ascensos.

a) Os ascensos realizaranse internamente.

b) Terase en conta a antigüidade e as condicións idóneas, realizándose unha proba para o efecto.

Artigo 37º.-Contratos.

A empresa poderá realizar un primeiro contrato de 12 meses, ó termo do cal o traballador que o supere será fixo, salvo ofertas específicas de duración determinada por necesidades do servicio que se lle comunicará ó comité de empresa.

Artigo 38º.-Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano máximo de representación colexiada dos traballadores na empresa Urbaser, S.A. Os seus membros terán as garantías que prevé o artigo 68 do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais, acumulando o crédito de horas sindicais, entre os seus membros e os delegados das seccións sindicais, se o coidan oportuno dentro do mes natural.

Os compoñentes do comité de empresa ou delegados sindicais disporán dun crédito de 27 horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas para o exercicio das súas funcións.

Quedan excluídas do conxunto destas horas sindicais as que correspondan a reunións convocadas pola dirección da empresa e as dedicadas a negociación colectiva.

A empresa facilitaralle ó comité de empresa un taboleiro de anuncios por centro de traballo e un local adecuado para a realización das súas funcións.

Os membros do comité de empresa e delegados sindicais non poderán ser despedidos nin sancionados, dentro do período de exercicio das súas funcións, nin nos dous anos seguintes ó termo do seu mandato.

Artigo 39º.-Seccións sindicais.

As centrais sindicais mais representativas, segundo o Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica de liberdade sindical, sempre que obteñan, polo menos, o 10% dos votos na elección do comité de empresa, ou teñan a dita porcentaxe de afiliados poderán constituí-la sección sindical no seo da empresa, e outórgaselle a un membro (delegado sindical) as mesmas garantías que ós membros do comité de empresa, dispoñendo do mesmo crédito horario, de acordo co sinalado no artigo anterior.

As seccións sindicais poderán:

a) Facer propaganda sindical ou laboral a través do taboleiro de anuncios.

b) Cobra-las cotas sindicais dentro do horario de traballo, sen interrompe-lo proceso productivo.

c) Cobra-las cotas sindicais a través da nómina, con autorización expresa do interesado.

d) Convocar asembleas dentro do centro de traballo.

e) Demais disposicións legais vixentes.

Artigo 40º.-Antigüidade.

Anos%

25

410

615

920

1225

1630

1835

2140

2445

2750

3055

3360

A antigüidade percibirase con efectos do 1 de xaneiro do ano en que se cumpran os períodos.

Artigo 41º.-Axuda por falecemento.

A axuda por falecemento, para gastos de sepelio, ós herdeiros legais do traballador terá un importe de 358.050 ptas. A empresa cubrirá este custo mediante a contratación dun seguro.

Artigo 42º.-Anticipos reintegrables.

A empresa manterá unha bolsa de 3.000.000 de ptas., cun límite de 150.000 por traballador e ano, co fin de facilitar ós traballadores anticipos sobre o seu salario. Serán aprobados pola comisión mixta paritaria.

O reintegro do anticipo concedido, realizarase nas 15 pagas seguintes.

Artigo 43º.-Gratificación de nocturnidade.

Segundo táboas anexas.

Artigo 44º.-Cambio de quenda.

A empresa permitirá o cambio de quenda entre os traballadores, de igual categoría, que así o desexen.

Cando quede unha praza libre, nalgunha quenda, comunicaráselle ó comité de empresa para que sexa ocupada por algún traballador interesado no cambio.

Artigo 45º.-Axuda escolar.

A empresa creará un fondo de axuda para estudios oficiais de fillos de traballadores que terá un importe de:

-Ano 1998: 500.000 ptas.

A dita axuda aboarase coa paga extraordinaria do mes de setembro.

O reparto do dito fondo farase anualmente entre a empresa e o comité de empresa, creando a este respecto un regulamento de normas.

Artigo 46º.-Incremento salarial.

As táboas salariais confeccionaranse cun incremento do 2'3% sobre os de 1997, nos conceptos de salario base, plus de transporte e plus de actividade.

Nota: os anexos deste convenio manteranse tal e como están redactados.

Táboa salarial 1998

CategoríaSalario baseGratificación

transporte

16 pagas

Gratificación

actividade

12 pagas

Gratificación por

traballo penoso

313 días 12 pagas

Gratificación por

traballo nocturno

313 días 12 pagas

Total anual

Encargado xeral130.42512.15418.09387002.770.556
Auxiliar admón.125.92015.32223.391002.540.571
Mecánico118.04215.3225.27478702.443.346
Maquinista118.04212.15401.18102.452.649
Operario de pa118.04212.15401.18102.452.649
Basculista115.49515.32201.3869632.828.251
Capataz día125.92012.1545.57984002.539.026
Capataz noite125.92012.1545.5798401.0502.867.550
Conductor noite118.04215.3222.0837879842.713.089
Conductor día118.04215.3222.08378702.405.058
Peón noite115.49512.15409249632.632.830
Peón día115.49512.154092402.331.522

Festivo: 7.226 ptas.

Peóns con traballo en nave: 3.168 (incrementado na gratificación de transporte).

9321