Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Kvaerner Eureka Española, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Kvaerner Eureka Española, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-9-1998, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de personal, con data do 21-7-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de setembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo 1998

Kvaerner Eureka Española, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as condicións a que se deberán axusta-las relacións laborais e económicas que se rexen pola normativa contida no vixente Estatuto dos traballadores, as súas disposicións de desenvolvemento e o propio convenio colectivo ata o momento vixente.

Regula as relacións laborais do persoal de Kvaerner Eureka Española, S.A., aínda que se atope traballando fóra do centro habitual de traballo.

O anexo I reflicte o persoal de dirección que queda excluído deste marco de relacións laborais.

Artigo 2º.-Vixencia. Denuncia.

O presente convenio colectivo terá unha vixencia dun ano, e entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1998 e rematará o 31 de decembro de 1998.

De conformidade coa lexislación vixente, o convenio quedará automaticamente denunciado cun mes de antelación á data de remate del, que é a expresada do 31 de decembro de 1998. Igualmente, considerarase prorrogado ata a entrada en vigor do seguinte convenio.

Artigo 3º.-Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio a xornada laboral establecerase a razón de 1.792 horas anuais de traballo efectivo. O tempo de descanso (bocadillo) durante a xornada considerarase tempo de traballo efectivo.

O traballador deberase atopar en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo, coa súa correspondente indumentaria, no momento do toque de sirena ou outro sistema que se estableza.

A xornada normal será computada en consideración á iniciación do labor no posto de traballo e finalización deste, e non polo concepto de entrada e saída da factoría.

A fixación do horario de traballo é facultade da dirección da empresa, de acordo co comité, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción de custos, aumento de vendas, ou ben favoreza as necesidades conxunturais de producción. En caso de desacordo aplicaríase o disposto no Estatuto dos traballadores.

A xornada laboral normal distribuirase de luns a venres.

Artigo 4º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais que se desfrutarán, en xeral, segundo o calendario laboral aprobado. Non obstante, a empresa, co fin de non interrompe-lo servicio que presta ós seus clientes, poderá acordar con algúns traballadores outras datas de vacacións.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade laboral transitoria ou baixa por accidente, terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente, sempre que a baixa coincida co período de vacacións en cinco días ou máis, e que cause alta antes do termo do ano natural.

A dirección da empresa poderá excluír como período de vacacións aquel que coincida coa maior actividade productiva da empresa, despois de consulta co comité, de acordo co Estatuto dos traballadores (Art. 38 E.T.).

A retribución correspondente ás vacacións comprenderá os seguintes conceptos: salario base, antigüidade, 20 días de retribución voluntaria e o complemento prima media.

Artigo 5º.-Días santos.

Serán os establecidos oficialmente no DOG e no BOE.

As «pontes» con motivo de festivos serán as establecidas no calendario aprobado que se xunta (anexo II) e colocado no taboleiro de anuncios.

Artigo 6º.-Seguridade e hixiene.

A empresa e os traballadores obríganse ó cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo, de conformidade coa normativa vixente.

Artigo 7º.-Recoñecemento médico.

A empresa solicitará da súa mutua patronal a realización dun recoñecemento anual como mínimo para todo o persoal. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa.

Artigo 8º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos retribuídos durante o tempo e os supostos seguintes:

a) Dezaseis días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.

b) Tres días laborables en caso de nacemento de fillo.

c) Cinco días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, pais, fillos e pais políticos.

d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, fillos políticos e irmáns políticos, e un día no caso de irmáns dos pais e dos pais do cónxuxe.

e) Dous días naturais en caso de enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancias que deberán ser xustificadas fidedignamente. Poderase ampliar a tres días máis no caso do cónxuxe, pais e fillos.

f) Un día natural no suposto de traslado de domicilio.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de consulta co de traballo prescriba a dita consulta o facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas ó ano.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, rexerá o que dispoña en canto a duración da ausencia e a súa compensación económica.

j) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

k) O tempo necesario sen retribuír para a realización de exames, cando curse estudios profesionais ou académicos.

Nos supostos d), e) e f) se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra da provincia, concederánselle dous días naturais máis.

No suposto c), se o traballador precisase desprazarse a unha distancia superior a 50 quilómetros, concederáselle un día natural máis.

En caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, a empresa concederá un permiso «sen retribuír» ata un período de 10 días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

As referencias ó cónxuxe contidas neste capítulo estenderanse ó compañeiro ou compañeira, onde estea garantida a convivencia.

Artigo 9º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal das pezas de roupa necesarias para a realización do seu traballo, que entregará durante os meses de xaneiro e febreiro.

O persoal obreiro recibirá dúas fundas cada ano, un par de botas de seguridade e unha toalla cada dous anos, como mínimo.

Cando por razóns de traballo o traballador perda visión e teña que usar lentes graduados, así como a súa rotura ou deterioración involuntarias, os ditos lentes serán proporcionados pola empresa.

Artigo 10º.-Organización.

De acordo coa lexislación vixente, correspóndelle á dirección da empresa a organización técnica e práctica do traballo. Esta poderá adopta-los sistemas de organización, racionalización, mecanización e modernización que considere oportunos, creando ou modificando postos de traballo ou funcións, así como a estructura e contido deles.

Tamén corresponde á dirección, razoando co comité de empresa, combinar e cambia-los postos de traballo, establecer e modificar quendas, adoptar novos métodos de traballo, utilización de máquinas e motorización de funcións, etc., de maneira que os resultados desta organización se concreten nunha maior productividade, na que tamén están interesados os traballadores, que procurarán colaborar nela. Interpretado segundo o Art. 41 do Estatuto dos traballadores.

Retribucións

Artigo 11º.-Salarios.

Co fin de mellora-la competitividade, procédese a mante-los salarios nos niveis actuais, é dicir, sen incremento ningún. Igualaranse os salarios base ós seus correspondentes no convenio provincial e compensaranse minorando a retribución voluntaria nos mesmos importes.

Os niveis resultantes deste incremento fíxanse na táboa salarial que se xunta (anexo III) na que figuran tódolos conceptos tanto legais coma complementarios. Así mesmo, a dita táboa salarial inclúe os novos grupos profesionais.

O pagamento da nómina efectuarase o último día laborable de cada mes.

Artigo 12º.-Valoración da realización do traballo.

A compañía desexa estimula-lo rendemento individual en canto ó esforzo, eficiencia, precisión, consumo de custos e calidade.

Isto será realizado mediante a utilización de diferentes niveis de prima de producción establecidos no anexo III, para os empregados do taller.

A valoración actual será realizada polos grupos de valoración. Un representante elixido polo comité, o xefe de taller correspondente e o director de persoal formarán parte de cada grupo de valoración.

En caso de discrepancia insalvable na valoración dentro do grupo, recorrerase en instancia superior perante o director xerente e o presidente do comité.

Artigo 13º.-Plus xefe de equipo.

Os xefes de equipo percibirán un plus que consistirá nun 20% sobre o salario base da súa categoría, como mínimo.

Artigo 14º.-Quendas de traballo.

Os traballadores que, por necesidades da empresa, teñan que traballar en quenda de tarde rotatoria, percibirán un complemento mínimo de 121 ptas. por hora de traballo efectivo de tarde.

Artigo 15º.-Plus de traballos especiais.

Terán dereito a un plus os traballadores mentres se ocupen en traballos penosos, tóxicos ou perigosos que non son os habituais no noso taller. A cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso farase de acordo entre a dirección da empresa e o comité.

O plus establécese como segue:

Cando se produce un só dos supostos: 50 ptas./hora.

Se se producisen dous ou máis supostos: 78 ptas./hora.

Artigo 16º.-Plus de homologacións.

Establécese un plus acumulable polas homologacións dos soldadores a razón de:

Homologación aceiro carbono: 2.120 ptas./mes.

Homologación aceiro inoxidable normal: 2.120 ptas./mes.

Homologación aceiro duplex: 3.180 ptas./mes.

Homologación aceiro 904: 3.180 ptas./mes.

Este plus poderase perder en caso de incumprimento dos requisitos de homologación, erros repe

titivos, erros graves ou outros defectos segundo apreciación do xefe de taller.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

O importe que se percibirá pola realización de horas extraordinarias para cada categoría será o especificado na táboa do anexo III.

Como pacto transitorio, establécese que as horas extraordinarias realizadas durante o proxecto de Sogama, se percibirán co importe reflectido na táboa do anexo III minorado nun 20%.

A dirección informará mensualmente o comité de empresa das horas extraordinarias realizadas e, se é o caso, a distribución por seccións.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores da empresa percibirán as gratificacións extraordinarias semestrais correspondentes ós meses de xullo e decembro, na contía cada unha delas de 30 días do salario base máis antigüidade, máis retribución voluntaria, máis 13.660 ptas. de gastos de locomoción.

Artigo 19º.-Paga de beneficios.

No caso de que a empresa cerre o exercicio sen perdas, aboarase a tódolos empregados 28.000 ptas. brutas a cada un.

O resultado que se considerará será antes de impostos ó 31 de decembro, comprobado e aprobado polos nosos auditores.

O pagamento distribuirase en dous: 14.000 ptas. coa paga extra de xullo e outras 14.000 despois de finaliza-lo ano se non hai perdas.

Artigo 20º.-Actividades culturais e sociais.

A empresa achegará para actividades culturais e sociais de tódolos empregados a cantidade de 1.500.000 ptas./ano.

As actividades poden incluír:

Paquetes de Nadal.

Cea de Nadal.

Excursións.

Premios Kvaerner.

Intercambios entre fillos.

Formación/cursos.

Axudas para libros.

Contribucións familiares, etc.

Para xestionar este diñeiro establécese unha comisión que estará formada como segue:

Un membro nomeado pola dirección.

Un membro elixido por maioría absoluta polos empregados do taller.

Un membro elixido por maioría absoluta polos empregados da oficina.

A comisión preparará un orzamento para todo o ano, un mes despois do asinamento do convenio.

Este orzamento terá que ser aprobado nunha reunión do comité coa dirección. Despois distribuiráselle a todo o persoal.

A empresa pagará logo de presentación das correspondentes facturas ou orzamentos aprobados pola comisión.

Artigo 21º.-Saídas, axudas de custo e viaxes.

Tódolos traballadores que por necesidade da empresa e por orde recibida teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan realizar comidas ou pernotacións no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás axudas de custo que se especifican no anexo IV.

Cando o traballador, por necesidades da empresa e por requirimento desta, tivese que se desprazar utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle a cantidade de 30 ptas./km percorrido.

Artigo 22º.-Contratos con ETTs, en prácticas ou para a formación.

A empresa poderá realizar contratos con ETTs para realizar traballos productivos habituais da empresa na contía, como máximo, dun 10% do total de horas anuais, sen ter en conta os casos de substitución por ILT, vacacións ou licencias.

A empresa poderá realizar contratos en prácticas ou para a formación na contía de, como máximo, un 10% do cadro de persoal. A duración será, como máximo, de 2 anos. A empresa deberá comunicarlle ó traballador contratado a continuidade ou non do contrato.

Artigo 23º.-Seguro colectivo.

A póliza de seguro colectivo de accidentes concertada pola empresa cubrirá, como mínimo, as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 1.500.000 ptas.

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente, total, absoluta ou gran invalidez: 2.500.000 ptas.

Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros establecida no presente artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios da empresa.

Artigo 24º.-Incapacidade laboral transitoria.

A prestación por incapacidade laboral transitoria derivada de accidente laboral ocorrido no centro de traballo ou en desprazamentos a outros centros ou lugares de traballo dentro da xeira laboral, aboarase ó 100% desde o primeiro día de baixa.

A dotación para o fondo de hospitalización, durante a vixencia deste convenio, será de 100.000 pesetas por ano.

Artigo 25º.-Contraprestación.

Os traballadores, en compensación pola vantaxes económicas e sociais do presente convenio, comprométense a cumpri-lo seu cometido con óptima dilixencia e respecto e lealdade á empresa.

Artigo 26º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

A comisión estará integrada polos seguintes membros: Manuel J. García Rodríguez e José V. Jamardo Chazo, pola representación empresarial e Juan M. Miguéns Maneiro e Silverio Bouzas Barreiro, pola representación dos traballadores.

Artigo 27º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio rexerá o disposto no Estatuto dos traballadores, na ordenanza laboral siderometalúrxica do 29 de xullo de 1970, que se asume como norma subsidiaria, e nas demais disposicións legais vixentes ou que poidan promulgarse durante a vixencia do convenio.

Artigo 28º.-Vinculación á totalidade.

Ámbalas partes acordan formalmente que as súas respectivas vinculacións á totalidade do contido no presente convenio teñen o carácter de compromiso sobre tódolos artigos.

Disposición adicional 1ª.

As oficinas da empresa terán o seguinte horario:

-Do 15 de xuño ó 15 de setembro, xornada continuada de 7 a 15 horas (con 15 minutos de descanso para o café).

-Resto do ano, xornada partida de 8 a 14 horas e de 15 a 17 horas (aqueles que desexen un descanso maior, poderán negocialo coa empresa).

Disposición adicional 2ª.

As partes asinantes do presente convenio foron:

-Pola representación empresarial:

Manuel J. García Rodríguez.

José V. Jamardo Chazo.

José Mª Pérez Costell.

Reynaldo Verger Enrico.

-Pola representación dos traballadores:

Juan Manuel Miguens Maneiro.

Rafael Lorenzo Bello.

Silverio Bouzas Barreiro.

Vilagarcía de Arousa, 17 de xullo de 1998.

ANEXO I

Director xeral.

Director financeiro.

Director comercial.

Xefe de persoal.

Festas autonómicas e nacionais:

1 de xaneiro: Ano Novo.

6 de xaneiro: Epifanía do Señor.

19 de marzo: San Xosé.

9 de abril: Xoves Santo.

10 de abril: Venres Santo.

1 de maio: Festa do Traballo.

25 de xullo: Santiago Apóstolo/Día Nac. de Galicia.

15 de agosto: Asunción da Virxe.

12 de outubro: Festa Nacional de España.

7 de decembro: día seguinte ó da Constitución.

8 de decembro: Inmaculada Concepción.

25 de decembro: Natividade do Señor.

Festas locais:

22 de maio: Santa Rita.

16 de agosto: San Roque.

Hai que recuperar un día.

Autorización:

Autorízase, logo de aviso, o permiso dun día ou máis, cun máximo de 5 días laborables para asuntos particulares, que serían recuperados de acordo co seu xefe correspondente, nos días acordados ou nos primeiros días de vacacións.

Total horas de traballo: 1.792.

ANEXO III

Táboa salarial, segundo convenio

Horas extras

Categorías e grupos Profes. taller

Salario

base

Antigüidade

Retribución

voluntaria

día traballado

Transporte por

día traballado

Normais

Sábados

e nocturnas

Domingos

e festivos

Oficial 1ª108.2844.2191.3491.1241.4201.6262.018

Oficial 2ª104.0283.9601.2151.1241.3631.5631.943

Oficial 3ª 99.7383.8251.0451.1241.3111.5021.870

Profesional A 96.288 500 6201.0541.2061.497

Profesional B 83.906 250 620 9181.0511.304

Axudante Prod. 72.629 160 620 795 9101.129

Axudante en P. 68.040 60 620 745 8531.058

Retribución voluntaria:

O dereito a percibi-la retribución voluntaria perderase nos seguintes casos:

a) Por falta de puntualidade en máis de 3 veces ó mes.

b) Por falta de disciplina no traballo.Prima de producción:

A154

B129

Prof. A100

Prof. B63

Axu. Pr.55

Ax. Prác.49Horas extras:

No prezo das horas extras están incluídos tódolos conceptos.

Durante o proxecto de Sogama, o prezo das horas extras reducirase un 20%.

ANEXO IV

PROCEDEMENTO DE AXUDAS DE CUSTO E GASTOS DE VIAXES

1. A partir do día 21-2-1991, os gastos que se orixinen pola realización de viaxes, por motivos de traballo, dos empregados desta empresa, retribuiranse coas axudas de custo a que teña dereito, de acordo cos grupos que se especifican no anexo I e as contías que se establecen nos anexos II e III, segundo se desempeñen en territorio nacional ou estranxeiro, respectivamente.

Así mesmo, e previamente á realización da viaxe, deberase cubrir a requisición de viaxe segundo anexo IV, a cal deberá presentarse ó xefe de departamento/xerente para a súa aprobación. O dito documento dará unha ampla información do contido da viaxe e situación do persoal.

2. A axuda de custo completa percibirase por día de desprazamento fóra do fogar, e servirá para atende-la manutención do desprazado e pequenos gastos persoais.

3. Os gastos de aloxamento e de locomoción retribuiranse mediante xustificación das facturas, que deberán acompañar á liquidación de gastos de viaxe, que se presentará non máis tarde dunha semana despois da viaxe, para o seu visto e prace polo director do departamento. No caso dos directores, o visto e prace será do director xerente.

4. Os desprazamentos realizados dentro da xornada habitual da empresa non percibirán axuda de custo ningunha. Nesta xornada considerarase tamén o tempo de ida e volta ó traballo. Se como consecuencia

do desprazamento tivese que iniciarse a viaxe antes de dar comezo a súa xornada, ou se o regreso se producise unha vez pasada a hora de terminación de xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso de xornada como horas extraordinarias.

5. Nos desprazamentos de duración inferior a un día natural non se percibirá axuda de custo, salvo cando a saída sexa anterior ás 14 horas, en que se percibirá o 50% da axuda de custo.

6. Nos desprazamentos con duración menor de vintecatro horas que comprendan parte de dous días naturais poderanse percibir, mediante xustificación, os gastos de aloxamento dunha noite e a axuda de custo segundo as condicións fixadas no seguinte apartado para os días de saída e regreso.

7. Nos desprazamentos con duración menor de vintecatro horas poderanse liquida-los gastos mediante xustificación de facturas sempre que se comprometese así co seu director, antes de inicia-lo desprazamento.

8. Nos desprazamentos con duración superior a vintecatro horas terase en conta:

a) No día de saída poderanse percibir gastos de aloxamento pero non axuda de custo, salvo que a hora de saída sexa anterior ás 14 horas en que se percibirá axuda de custo completa, que se reducirá ó 50% cando a dita hora de saída sexa posterior ás 14 horas pero anterior ás 22 horas.

b) No día de regreso non se poderán percibir gastos de aloxamento nin axuda de custo, salvo que a hora

fixada para concluí-la viaxe sexa posterior ás 15 horas; nese caso percibirase o 50% da axuda de custo.

c) Nos días intermedios entre os de saída e regreso percibiranse axudas de custo enteiras.

9. As axudas de custo fixadas para desprazamentos ó estranxeiro devengaranse desde o día en que se pase a fronteira ou se saia do último porto ou aeroporto nacionais e durante o percorrido e estada no estranxeiro, na contía correspondente ó país en que se desempeñe o traballo ou servicio, deixándose de percibi-lo mesmo día da chegada á fronteira ou primeiro porto ou aeroporto nacionais.

Durante os percorridos por territorio nacional aboaranse as axudas de custo que corresponden a ese territorio de acordo co previsto nos apartados anteriores, aínda que poderían aplicarse as axudas de custo estranxeiras cando se xustifique, mediante a correspondente factura ou recibo, que no día de regreso se realizou o gasto de manutención fóra do territorio nacional.

10. Nas viaxes en que os gastos de aloxamento e/ou manutención sexan aboados por terceiros, non se percibirán os ditos gastos desta empresa.

11. A asistencia a cursos, seminarios, etc., non devengará axudas de custo e liquidarase por xustificación dos gastos realizados.

CLASIFICACIÓN DO PERSOAL (ANEXO I)

Grupo 1º: directores.

Grupo 2º: titulados medios, xefes e outros cargos medios.

Grupo 3º: persoal de oficina e taller restantes.

AXUDAS DE CUSTO NO TERRITORIO NACIONAL (ANEXO II)

GruposPor manutención

Grupo 1º Directores8.625

Grupo 2º Titulados medios e xefes6.020

Grupo 3º Oficial e Admin. e outros taller4.520

AXUDAS DE CUSTO NO EXTRANXEIRO SEGUNDO GRUPOS

E PAÍSES (ANEXO III)

PaísPor manutención

Alemaña

Grupo 1º8.200

Grupo 2º7.800

Grupo 3º7.400

Andorra

Grupo 1º5.200

Grupo 2º4.800

Grupo 3º4.300

Angola

Grupo 1º7.900

Grupo 2º7.400

Grupo 3º7.100

Arabia Saudita

Grupo 1º7.500

Grupo 2º7.000

Grupo 3º6.600

Alxeria

Grupo 1º7.100

Grupo 2º6.700

Grupo 3º6.300

Arxentina

Grupo 1º6.900

Grupo 2º6.500

Grupo 3º6.100

Australia

Grupo 1º8.200

Grupo 2º7.700

Grupo 3º7.400

Austria

Grupo 1º8.000

Grupo 2º7.400

Grupo 3º7.100

Bangladesh

Grupo 1º6.900

Grupo 2º6.500

Grupo 3º6.100

Bélxica

Grupo 1º8.600

Grupo 2º8.100

Grupo 3º7.700

Bolivia

Grupo 1º5.800

Grupo 2º5.300

Grupo 3º5.000

Brasil

Grupo 1º6.300

Grupo 2º5.900

Grupo 3º5.500

Bulgaria

Grupo 1º6.000

Grupo 2º5.600

Grupo 3º5.200

Cabo Verde

Grupo 1º5.200

Grupo 2º4.700

Grupo 3º4.300

Camerún

Grupo 1º7.300

Grupo 2º6.800

Grupo 3º6.500

Canadá

Grupo 1º7.700

Grupo 2º7.200

Grupo 3º6.900

Checoslovaquia

Grupo 1º6.900

Grupo 2º6.500

Grupo 3º6.100

Chile

Grupo 1º6.500

Grupo 2º6.000

Grupo 3º5.700

Chipre

Grupo 1º6.500

Grupo 2º6.000

Grupo 3º5.700

China

Grupo 1º8.200

Grupo 2º7.700

Grupo 3º7.400

Colombia

Grupo 1º6.200

Grupo 2º5.800

Grupo 3º5.400

Congo

Grupo 1º7.500

Grupo 2º7.100

Grupo 3º6.800

Corea do Sur

Grupo 1º7.600

Grupo 2º7.200

Grupo 3º6.800

Costa do Marfil

Grupo 1º7.000

Grupo 2º6.600

Grupo 3º6.200

Costa Rica

Grupo 1º5.200

Grupo 2º4.800

Grupo 3º4.400

Cuba

Grupo 1º5.200

Grupo 2º4.700

Grupo 3º4.300

Dinamarca

Grupo 1º11.000

Grupo 2º10.400

Grupo 3º9.775

Ecuador

Grupo 1º5.700

Grupo 2º5.300

Grupo 3º4.900

Exipto

Grupo 1º6.900

Grupo 2º6.500

Grupo 3º6.100

O Salvador

Grupo 1º5.900

Grupo 2º5.500

Grupo 3º5.200

Emiratos Árabes

Grupo 1º7.900

Grupo 2º7.400

Grupo 3º7.100

Estados Unidos

Grupo 1º9.200

Grupo 2º8.700

Grupo 3º8.300

Etiopía

Grupo 1º5.900

Grupo 2º5.500

Grupo 3º5.200

Filipinas

Grupo 1º7.000

Grupo 2º6.500

Grupo 3º6.100

Finlandia

Grupo 1º11.000

Grupo 2º10.400

Grupo 3º9.775

Francia

Grupo 1º8.500

Grupo 2º8.000

Grupo 3º7.600

Gabón

Grupo 1º7.300

Grupo 2º6.800

Grupo 3º6.500

Ghana

Grupo 1º6.500

Grupo 2º6.000

Grupo 3º5.700

Grecia

Grupo 1º6.900

Grupo 2º6.500

Grupo 3º6.100

Guatemala

Grupo 1º6.300

Grupo 2º5.900

Grupo 3º5.500

Guinea Ecuatorial

Grupo 1º8.100

Grupo 2º7.600

Grupo 3º7.200

Haití

Grupo 1º5.700

Grupo 2º5.300

Grupo 3º4.900

Honduras

Grupo 1º5.800

Grupo 2º5.300

Grupo 3º5.000

Hong-Kong

Grupo 1º8.500

Grupo 2º8.000

Grupo 3º7.700

Hungría

Grupo 1º6.200

Grupo 2º5.700

Grupo 3º5.400

India

Grupo 1º6.800

Grupo 2º6.400

Grupo 3º6.000

Indonesia

Grupo 1º7.100

Grupo 2º6.600

Grupo 3º6.200

Irak

Grupo 1º6.900

Grupo 2º6.500

Grupo 3º6.100

Irán

Grupo 1º5.800

Grupo 2º5.300

Grupo 3º5.000

Irlanda

Grupo 1º8.000

Grupo 2º7.400

Grupo 3º7.100

Islandia

Grupo 1º7.300

Grupo 2º6.900

Grupo 3º6.500

Israel

Grupo 1º7.100

Grupo 2º6.600

Grupo 3º6.200

Italia

Grupo 1º8.900

Grupo 2º8.400

Grupo 3º8.000

Xamaica

Grupo 1º8.200

Grupo 2º7.800

Grupo 3º7.400

Xapón

Grupo 1º9.000

Grupo 2º8.600

Grupo 3º8.200

Xordania

Grupo 1º6.800

Grupo 2º6.300

Grupo 3º5.900

Kenia

Grupo 1º7.000

Grupo 2º6.500

Grupo 3º6.100

Kuwait

Grupo 1º7.100

Grupo 2º6.600

Grupo 3º6.300

Líbano

Grupo 1º6.200

Grupo 2º5.800

Grupo 3º5.400

Liberia

Grupo 1º6.300

Grupo 2º5.800

Grupo 3º5.500

Libia

Grupo 1º6.700

Grupo 2º6.300

Grupo 3º5.900

Liechtenstein

Grupo 1º7.200

Grupo 2º6.700

Grupo 3º6.300

Luxemburgo

Grupo 1º8.200

Grupo 2º7.800

Grupo 3º7.400

Macao

Grupo 1º8.200

Grupo 2º7.700

Grupo 3º7.400

Madagascar

Grupo 1º7.000

Grupo 2º6.600

Grupo 3º6.200

Malasia

Grupo 1º6.000

Grupo 2º5.500

Grupo 3º5.200

Malta

Grupo 1º5.200

Grupo 2º4.700

Grupo 3º4.300

Marrocos

Grupo 1º6.100

Grupo 2º5.600

Grupo 3º5.300

Mauritania

Grupo 1º5.900

Grupo 2º5.500

Grupo 3º5.100

México

Grupo 1º6.000

Grupo 2º5.500

Grupo 3º5.200

Mónaco

Grupo 1º8.600

Grupo 2º8.200

Grupo 3º7.800

Mozambique

Grupo 1º7.500

Grupo 2º7.100

Grupo 3º6.700

Nicaragua

Grupo 1º5.300

Grupo 2º4.800

Grupo 3º4.500

Nixeria

Grupo 1º8.300

Grupo 2º7.800

Grupo 3º7.400

Noruega

Grupo 1º11.000

Grupo 2º10.400

Grupo 3º9.775

Nova Celandia

Grupo 1º6.400

Grupo 2º5.900

Grupo 3º5.600

Países Baixos

Grupo 1º9.300

Grupo 2º8.900

Grupo 3º8.500

Pakistán

Grupo 1º6.600

Grupo 2º6.200

Grupo 3º5.800

Panamá

Grupo 1º6.400

Grupo 2º5.900

Grupo 3º5.600

Paraguai

Grupo 1º5.700

Grupo 2º5.300

Grupo 3º5.000

Perú

Grupo 1º5.500

Grupo 2º5.000

Grupo 3º4.600

Polonia

Grupo 1º6.800

Grupo 2º6.300

Grupo 3º5.900

Portugal

Grupo 1º7.000

Grupo 2º6.600

Grupo 3º6.200

Porto Rico

Grupo 1º7.700

Grupo 2º7.200

Grupo 3º6.900

Reino Unido

Grupo 1º9.400

Grupo 2º9.000

Grupo 3º8.900

República Dominicana

Grupo 1º6.300

Grupo 2º5.900

Grupo 3º5.500

República Sudafricana

Grupo 1º5.400

Grupo 2º5.000

Grupo 3º4.600

Romanía

Grupo 1º6.400

Grupo 2º5.900

Grupo 3º5.600

Senegal

Grupo 1º7.200

Grupo 2º6.700

Grupo 3º6.400

Singapur

Grupo 1º7.500

Grupo 2º7.000

Grupo 3º6.700

Siria

Grupo 1º7.400

Grupo 2º7.000

Grupo 3º6.600

Sudán

Grupo 1º8.000

Grupo 2º7.600

Grupo 3º7.200

Suecia

Grupo 1º11.000

Grupo 2º10.400

Grupo 3º9.775

Suíza

Grupo 1º8.500

Grupo 2º8.000

Grupo 3º7.600

Tailandia

Grupo 1º6.900

Grupo 2º6.500

Grupo 3º6.100

Tanzania

Grupo 1º5.200

Grupo 2º4.700

Grupo 3º4.300

Tunicia

Grupo 1º5.300

Grupo 2º4.800

Grupo 3º4.500

Turquía

Grupo 1º6.200

Grupo 2º5.700

Grupo 3º5.400

Uganda

Grupo 1º7.700

Grupo 2º7.200

Grupo 3º6.800

U.R.S.S.

Grupo 1º7.000

Grupo 2º6.500

Grupo 3º6.200

Uruguai

Grupo 1º4.900

Grupo 2º4.500

Grupo 3º4.100

Venezuela

Grupo 1º5.600

Grupo 2º5.200

Grupo 3º4.800

Iemen

Grupo 1º6.900

Grupo 2º6.400

Grupo 3º6.000

Iugoslavia

Grupo 1º5.600

Grupo 2º5.100

Grupo 3º4.800

Zaire

Grupo 1º8.000

Grupo 2º7.600

Grupo 3º7.200

Zambia

Grupo 1º7.100

Grupo 2º6.700

Grupo 3º6.300

Zimbawe

Grupo 1º6.100

Grupo 2º5.600

Grupo 3º5.300

Resto do mundo

Grupo 1º6.300

Grupo 2º5.800

Grupo 3º5.500

9322