Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.006

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de outubro de 1998 pola que se autoriza a implantación do novo bacharelato nas súas distintas modalidades en determinados centros.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 27 de xaneiro de 1994, autorizou a implantación do novo bacharelato en distintos centros da Comunidade Autónoma.

De acordo coa liña iniciada e co fin de lles dar continuidade nos estudios ós alumnos que, tendo superadas as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, demanden o acceso ó novo bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, procede a autorización da implantación en determinados centros das modalidades de bacharelato previstas no

Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coa proposta formulada pola Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPOÑO:

Primeiro.-Autoriza-los centros que se relacionan no anexo da presente orde para implantaren de xeito progresivo o bacharelato segundo o currículo aprobado polo Decreto 275/1994, do 29 de xullo.

Segundo.-A implantación das ensinanzas do novo sistema educativo suporá a extinción progresiva dos grupos correspondentes a plans de estudios derivados da Lei 14/1970, do 4 de agosto, agás as excepcións que, debidamente xustificadas, sexan autorizadas por esta consellería.

Terceiro.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Autorizacións de novos bacharelatos:

curso 1998/1999

-Provincia: A Coruña.

1. IES de Ames. Ames (código 15027721).

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

2. IES de Laracha. Laracha (código 15027654).

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

-Provincia: Lugo.

3.IES Perdouro. Burela (código 27013934).

a) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

-Provincia: Pontevedra.

4. IES Francisco Asorey. Cambados (código 36019396).

a) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

5. IES de Forcarei. Forcarei (código 36019323).

a) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

6. IES Chan do Monte. Marín (código 36015159).

a) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

7. IES Nº 6 de Vigo. Vigo (código 36014568).

a) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

8822