Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada J.L.O. número 1, a favor de José Antonio Lojo Fernández.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: J.L.O. nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 60.

Data da concesión: 7-9-1970.

Data de finalización da última prórroga: 10-10-2000.

Anterior concesionario: José Lojo Casais (35.381.987) e Flora Fernández Sieira (76.451.116).

Novo titular da concesión e batea: José Antonio Lojo Fernández (52.930.002).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 1 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9686