Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 30 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as rendas de integración social de Galicia relacionadas no anexo (Sonia R. da Silva Gonçalves e outra).

No uso das competencias sobre rendas de integración social de Galicia, reguladas pola Lei 9/1991, galega de medidas básicas de inserción social, e o Decreto lexislativo 374/1991, do 24 de outubro, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó teren sido devoltas polo servicio de correos as resolucións envíadas no seu día, notifícase ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu expediente de renda de integración social pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderán interpoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Vigo, 30 de setembro de 1998.

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

PensionistaDNIResoluciónCausaFundamento

de dereito

Cantidade que

se reintegrará

Sonia Raquel da Silva Gonçalves35.568.380Caducidade e arquivo das

actuacións

Non achegar documentación requiridaLei 30/1992. Art. 92.1º

María Luisa Canle Pereira36.023.606Concesión RisgaLei galega 9/1991

9687