Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 22 de outubro de 1998 pola que se lle notifica a Dolores Mercedes García Rubio a proposta de resolución do expediente disciplinario que se lle instrúe.

Por medio desta cédula notifícaselle a Dolores Mercedes García Rubio, auxiliar de enfermería do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, que a instructora do expediente disciplinario incoado por acordo do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 8 de maio de 1998, elaborou a proposta de resolución do referido expediente, e que esta consta nos locais da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3 (Unidade de Recursos e Reclamacións, 4ª planta), para que a expedientada poida, no prazo de oito días, exerce-lo seu dereito de vista da proposta e presenta-las alegacións que considere pertinentes.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas de do procedemento administrativo común.

A Coruña, 22 de outubro de 1998.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora

9548