Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada L.C. número 4, a favor de Mª Pilar Mariño Triñanes, Santiago, José Ramón, José Manuel e Pablo Laíño Mariño.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no 10.7º do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro), e que

foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento, «con carácter indivisible»; que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: L.C. nº 4.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 178.

Data da concesión: 12-11-1959.

Data de finalización da última prórroga: 24-11-2004.

Anterior concesionario: José Ramón Laíño Varela (35.394.503) e Mª Pilar Mariño Triñanes (33.183.472).

Novo titular da concesión e batea: Mª Pilar Mariño Triñanes (33.183.472), Santiago (76.970.451), José Ramón (52.453.631), José Manuel (52.454.631) e Pablo Laíño Mariño (76.970.450).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 9 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9686