Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º, 36201 Vigo.
Denominación: reforma C.T. Revolta I-Parderrubias.
Situación: Salceda de Caselas.
Descricións técnicas: reforma C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V, en Revolta I-Parderrubias, Concello de Salceda de Caselas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 29 de setembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
9326