Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Feás.
Situación: Calvos de Randín.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 2.787 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio da L.M.T. Pintas-Vila e remate no C.T. aéreo existente en Feás. C.T. intemperie de Feás con 100 kVA e r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 1.060 m con orixe no C.T. aéreo existente de Feás en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 28 de setembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
9328