Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: R.B.T. Biduedo, Teixeira. (Baralla).
Situación: Baralla.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión aérea a 380/220 V sobre apoios de formigón ou fibra de vidro e conductor R.Z. cunha lonxitude de 2.370 m.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 28 de setembro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9425