Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 3200 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Romeor e Campelo (Folgoso do Caurel).
Situación: Folgoso do Caurel.
Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV sobre apoios de formigón e conductor LA-56 de 638 m de lonxitude. Centro de transformación de intemperie 20.000/380-220 V (50 kVA). Rede de baixa tensión aérea a 380/220 V sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.755 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 28 de setembro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9424