Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miñó, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. instituto ensino secundario-Chan da Ponte.
Situación: Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 305 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e 23 m de liña subterránea, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 1 da L.M.T. a Granichán ata o C.T. do instituto de ensino secundario. Concello de Salvaterra de Miño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 29 de setembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
9391