Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.962

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de setembro de 1998 pola que se conceden subvencións a conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 27 de abril de 1998 (DOG do 15 de xuño) publícase a convocatoria para a concesión de axudas destinadas a subvenciona-las actividades desenvolvidas ou por desenvolver, incluídos gastos de persoal durante o ano 1998 polos conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Valoradas as solicitudes e elevada proposta de concesión das ditas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-las axudas, nas contías que se sinalan, ós conservatorios de música públicos que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo primeiro da Orde do 27 de abril de 1998 pola que se publica a convocatoria

fixando novo prazo para a xustificación total das axudas ata o día 30 de novembro de 1998.

Terceiro.-Contra esta orde poderán os interesados interpor recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación do conservatorioContía da subvención

concedida/pesetas

O Barco de Valdeorras1.800.000

Betanzos1.800.000

Cangas1.800.000

Carballiño, O1.800.000

Carballo2.500.000

Culleredo1.800.000

Estrada, A1.800.000

Denominación do conservatorioContía da subvención

concedida/pesetas

Gondomar1.160.000

Guarda, A1.800.000

Lalín2.500.000

Melide1.800.000

Noia1.800.000

Ponteareas2.500.000

Pontes, As1.800.000

Redondela2.500.000

Ribadavia1.160.000

Ribeira1.800.000

Tui1.160.000

Vilalba2.500.000

Viveiro2.500.000

Verín1.160.000

Xinzo de Limia1.160.000

9792