Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.959

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 5 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se convoca concurso público para seleccionar dez proxectos de educación para o consumo na escola, presentados por centros educativos de niveis non universitarios que desexen vincularse á Rede Europea de Educación do Consumidor.

O Instituto Galego de Consumo ten entre as súas funcións a de promove-la formación do cidadán como consumidor e usuario, propoñéndolles ós organismos competentes a adopción de programas de educación do consumidor nos distintos niveis do ensino, e, con esta finaliade ten establecidas liñas de actuación conxunta coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en materia de formación do profesorado de niveis non universitarios.

No momento actual, no que se está a xeneraliza-la implantación da nova estructura do sistema educativo, e onde a educación do consumidor está considerada como un contido transversal do currículo, o desenvolvemento dunha Rede de Educación do Consumidor é un paso necesario para conseguir realizar actuacións coordinadas, tanto en accións de información e formación como intercambio de experiencias e a elaboración de materiais didácticos, aproveitando as posibilidades que para estes fins ofrece a rede Internet.

A Rede de Educación do Consumidor concíbese como un proxecto para desenvolver durante catro anos, en sucesivas fases anuais. Este feito vén motivado polas necesidades de formacion dos consumidores detectadas trala constitución da Unión Europea.

Con este obxectivo, o Instituto Galego de Consumo e a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional convocan un concurso para selecciona-los mellores proxectos sobre educación do consumidor na escola que presenten os centros que desexen integrarse na Rede Europea de Educación do Consumidor.

En consecuencia co anteriormente exposto,

DISPOÑEMOS:

Artigo 1º.-Obxecto.

A convocatoria ten por obxecto a selección de 10 proxectos de educación para o consumo na escola

en niveis non universitarios, correspondentes ós centros escolares que desexen integrarse na Rede Europea de Educación do Consumidor.

Artigo 2º.-Dotación económica.

Os proxectos seleccionados serán premiados co harward e softward necesrios para a conexión á rede Internet pola cantidade total de 2.500.000 pesetas, que se repartirán entre os dez proxectos seleccionados a razón de 250.000 ptas. cada un deles.

O pagamento dos premios farase con cargo á aplicación orzamentaria 08.50.343-A.640.0 do Instituto Galego de Consumo.

Artigo 3º.-Bases.

1ª Poderán participar nesta convocatoria todos aqueles centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, públicos ou privados, de niveis non universitarios, presentando a solicitude que figura como anexo I, e xuntando a documentación á que se refiren os números 2 e 3 destas bases.

2ª Para concursar é necesario presentar un esquema do proxecto de educación do consumidor (segundo o anexo II), no que se concreten os obxectivos, metodoloxía, nivel de aplicación, actividade previstas e criterios de avaliación, que se desenvolverán no curso escolar 1998/99, ou ben, proxectos a máis longo prazo con avaliacións anuais. Xuntarase a acta do Consello Escolar, na que conste a aprobación do proxecto.

3ª No proxecto deberán parcipar, polo menos, catro profesores do centro, durante un período de tres anos. Xuntarase acta do claustro do centro onde se indique o nome e apelidos dos profesores participantes e do coordinador ou coordinadora do proxecto.

4ª No caso de que un proxecto abranga máis dun centro, xuntase un acta do Consello Escolar e unha acta do claustro de cada un dos centros.

5ª Os proxectos deben pretender inicia-los mozos consumidores na adquisición de actitudes responsables de compra e utilización de bens, productos e servicios; e na medida do posible terán unha dimensión europea; e dicir, que ó trata-los temas se fomente o coñecemento e a participación na idea de Europa.

6ª As solicitudes de participación conforme o anexo I, o esquema do proxecto segundo o anexo II e as actas correspondentes presentaranse no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou do Instituto Galego de Consumo, a través das distintas delegacións provinciais ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7ª A data de presentación de proxectos é de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

8ª A selección dos proxectos que deberán recolle-lo establecido no número 5 destas bases farase por proposta dun xurado composto polos seguintes membros:

O director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional ou persoa na que delegue.

O subdirector xeral de Ordenación Educativa ou persoa na que delegue.

O presidente do Instituto Galego de Consumo ou persoa na que delegue.

A xerente do Instituto Galego de Cosumo ou persoa na que delegue.

O xefe do Servicio de Formación do Profesorado.

A xefa do Servicio de Educación e Información do IGC.

Un funcionario ou funcionaria do Instituto Galego de Consumo que actuará como secretario.

9ª O xurado, se o considera conveniente, poderá contar co asesoramento de especialistas.

10ª A decisión do xurado será publicada no DOG, e os proxectos que se van desenvolver e as fichas dos profesores e coordinadores de cada un deles, nas páxinas Web de que dispón a Rede Europea de Educación dos Consumidors.

11ª Nun máximo de 15 días desde a publicación no DOG dos proxectos seleccionados, os centros recibirán harward e sofward necesarios para a conexión á rede Internet.

12ª Os proxectos non seleccionados quedarán á disposicióin dos concursantes durante un prazo máximo de tres meses contados a partir da data na que se faga público o resultado do concurso.

13ª A participación neste concurso supón a aceptación das súas bases.

14ª Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Disposición derradeira

Nos aspectos non previstos nesta resolución haberá que aterse ó disposto na lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e an Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1998.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e de Formación Profesional

Jorge J. Rodríguez Vázquez-Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo

9682