Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 05 de novembro de 1998 Páx. 11.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da hostalería.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da hostelería (código 2700325), da provincia de Lugo, asinado o día 31 de agosto de 1998, pola representación da Asociación de Empresarios de Hostelería da Provincia de Lugo e da Asociación de Discotecas e Salas de Festas da Provincia de Lugo e das centrais sindicais UGT (26,1%), CIG (21,7%), CC.OO. (32,6%) e USO (10,9%), e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegacion provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 24 de setembro de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de hostalería da provincia de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo de traballo rexerá para toda a provincia de Lugo, regulando as relacións de traballo entre as empresas e os traballadores e ós que sexa de aplicación a ordenanza laboral de hostaleria, aprobada por orde ministerial do 28 de

febreiro de 1974. En todo o que non estea modificado polo presente texto de convenio será de aplicación, subsidiariamente, a mentada ordenanza laboral e as normas contidas no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia e duración .

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1997 e rematará a súa vixencia o 31 de decembro de 1998.

En todo caso e para evitar que se produzan atrasos na negociación do convenio, as partes asinantes comprométense a constituí-la comisión negociadora do convenio para 1999 antes do 31 de outubro de 1998.

Artigo 3º.-Denuncia.

O presente convenio deberá ser denunciado por calquera das partes, de acordo coa lexislación vixente, cunha antelación mínima dun mes á súa data de finalización. A ausencia significará a súa prórroga por períodos anuais nos mesmos termos que o presente texto, salvo no referente á táboa salarial.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán considerados globalmente.

No caso de nulidade parcial por modificación de cualquera das súas condicións, quedará na súa totalidade sen eficacia práctica, e deberá negociarse todo o seu contido.

Artigo 5º.-Garantías persoais e das condicións laborais.

Respectaranse as condicións superiores pactadas a título individual que as empresas teñan pactado ou establecido á entrada en vigor do presente convenio e que globalmente e en cómputo anual excedan del, manténdose as ditas condicións como ad personam.

Artigo 6º.-Publicidade.

As empresas afectadas por este convenio terán que expoñer nos seus centros de traballo un exemplar del para coñecemento de todo o persoal.

Artigo 7º.-Salario base.

Nas táboas salariais anexas especifícanse os salarios correspondentes a cada categoría profesional de 1997 e 1998 respectivemente. En todo momento respectarase, como mínimo, que o salario base sexa igual ó salario mínimo interprofesional.

Artigo 8º.-Incremento salarial.

Para 1997, serán de aplicación os salarios recollidos na táboa anexa I, que supón un incremento do 2%. Para 1998, serán de aplicación os salarios recollidos na táboa anexa II, que supon un incremento do 3%.

Artigo 8 bis.-Cláusula de revisión.

Para o ano 1998, no suposto de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 1998 sexa superior ó IPC previsto polo Goberno para o ano 1998, isto é, no suposto de que sexa superior ó 2,1%, efectuarase a revisión das táboas salariais vixentes o 31 de decembro de 1997 no exceso do 2,1% ata acada-lo referido IPC real, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1998. A cantidade resultante, de existir, agregarase á táboa salarial e servirá de base para a negociación do próximo convenio colectivo.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo, en cómputo anual.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias, de 25 de xullo e Nadal, que se aboarán no día laborable inmediatamente anterior ás ditas festividades; estas gratificacións consistirán na cantidade resultante de suma-lo salario base mensual e a antigüidade correspondente.

Artigo 11º.-Plus de transporte e desgaste de vestiario.

Establécese con carácter xeral para o ano 1997 para todo o persoal, sen distinción, un plus extrasalarial, denominado de transporte e desgaste de vestiario, cunhas contías que se especifican, para cada categoría, na táboa salarial anexa.

Tal plus terase dereito a percibir, en todo caso, en proporción á xornada efectivamente traballada, e entenderase que a contía establecida na táboa salarial anexa é a que corresponde para o caso de prestación de servicios a xornada completa.

Para o ano 1998, o plus referido no presente artigo distribúese en dous pluses, coas mesmas características, un deles de transporte na contía de 8.000 ptas./mes para tódalas categorías e o segundo de desgaste de vestiario, cunhas contías que se especifican, para cada categoría, na táboa salarial anexa.

Artigo 12º.-Complemento de antigüidade.

Sobre dos salarios base garantidos que lle corresponden ó traballador relacionados na táboa salarial acreditaranse e devengaranse, cos límites establecidos no artigo seguinte, os seguintes complementos de antigüidade:

-Un 5% ó cumpri-los 3 anos de servicio na empresa.

-Un 8% ó cumpri-los 6 anos de servicio na empresa.

-Un 16% ó cumpri-los 9 anos de servicio na empresa.

-Un 25% ó cumpri-los 15 anos de servicio na empresa.

-Un 38% ó cumpri-los 19 anos de servicio na empresa.

-Un 40% ó cumpri-los 20 anos de servicio na empresa.

-Un 45% ó cumpri-los 22 anos de servicio na empresa.

-Un 50% ó cumpri-los 28 anos de servicio na empresa.

A data inicial para computa-la antigüidade será a do ingreso na empresa. Na actividade de casinos e sociedades recreativas de primeira e segunda categoría, os traballadores terán dereito a percibir bienios a razón do 5% sen limitación ningunha, sen prexuízo do establecido no artigo 25 do Estatuto dos traballadores.

Na actividade de casinos e sociedades recreativas de terceira e cuarta categoría, continuarán devengando trienios ó 5%. O disposto nos apartados anteriores enténdese sen prexuízo dos dereitos adquiridos ou no trance de adquisición no tramo temporal correspondente.

Artigo 12º bis.-Límites ó complemento de antigüidade.

O complemento de antigüidade que se vén devengando segundo os anos de permanencia na empresa e que se recolle no artigo anterior, entenden as partes asinantes que dificulta a contratación indefinida dos traballadores.

Por este motivo, e na busca de promover e consolida-la contratación e o emprego na hostalería e dalgunha forma prima-las empresas que xeren emprego fixo, fomentando a estabilidade no emprego e, polo tanto, a seguridade económica dos traballadores, acórdase establecer un réxime alternativo ó complemento de antigüidade previsto no artigo 12º, que será de aplicación unicamente para os traballadores que se incorporen ós cadros de persoal fixos das empresas a partir da entrada en vigor do presente convenio, traballadores que percibirán polo concepto de complemento de antigüidade un 3% sobre os salarios base garantidos na táboa salarial por cada tres anos de servicio na empresa (trienios ó 3%).

Artigo 13º.-Premio de xubilación.

A tódolos traballadores que leven ó servicio da empresa os anos que se indican a continuación, cando cesen, por xubilación ou invalidez, aboaránselles como premio ós servicios prestados as seguintes cantidades:

-De 5 a 9 anos de antigüidade, 2 mensualidades.-De 10 a 14 anos de antigüidade, 3 mensualidades.-De 15 a 19 anos de antigüidade, 4 mensualidades.

-A partir dos vinte anos de antigüidade, 5 mensualidades.

-Unha mensualidade máis por cada 5 anos que excedan dos 20 de referencia.

O importe de cada mensualidade farase efectiva sobre do salario base máis antigüidade e para o suposto de que, en tal estivese o traballador en situación de baixa, calquera que fose a causa desta, calcularanse as mensualidades respecto do salario base máis antigüidade que correspondería percibir se estivese traballando. Se o traballador morrese antes da xubilación, contando na data do pasamento con cincuenta e cinco anos de idade e levase 10 anos ininterrompidos ó servicio da empresa no momento do falecemento, este premio percibiriao a viúva, e en falta desta, os ascendentes ou descendentes ata

segundo grao, con preferencia dos fillos e descendentes respecto dos pais ou ascendentes.

Artigo 14º.-Xubilación.

A xubilación ós 64 anos, nos termos do Real decreto lexislativo 14/1981, do 20 de agosto, ou lexislación que o substitúa, quedará, en todo caso, supeditado e recomendado ó acordo ou pacto entre a empresa e o traballador. En ningún caso, sen este acordo previo tería virtualidade o acollemento a este sistema de xubilación.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións anual terá unha duración de 30 dias naturais. Os traballadores menores de 18 anos e maiores de 60 terán 32 días de vacacións naturais. A retribución correspondente ó período vacacional estará constituída polo salario base, antigüidade e os pluses.

Artigo 16º.-Festivos.

As festas non recuperables segundo a lexislación vixente, cando non se desfruten ou coincidan co descanso semanal, serán desfrutadas polo traballador noutra data. No suposto de que as festas non recuperables se desfruten de forma continuada, a empresa respectará o descanso semanal acumulando este ó número de festas.

Artigo 17º.-Licencias retribuídas.

As empresas concederán as licencias retribuídas que a continuación se indican:

a) Por voda do traballador, 15 días naturais; se a voda é de pais, fillos, irmáns e cuñados, 2 días se ten lugar dentro da provincia e 4 días, se é fóra dela.

b) Por parto da esposa, 3 días se reside na mesma localidade e 5 días se reside en localidade distinta.

c) Por enfermidade ou operación cirúrxica do cónxuxe, pais ou fillos, 4 días ampliables a 8, cando o enfermo resida fóra da provincia, a máis de 500 km de distancia.

d) Por pasamento de cónxuxe, pais ou fillos, 5 días se ten lugar na localidade ou 7 se ocorre fóra dela.

e) Por traslado de domicilio, dous días.

Artigo 18º.-Comisión mixta paritaria.

Coa denominación de comisión mixta paritaria, constitúese un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento deste convenio. Esta comisión queda integrada por 5 representantes das asociacións empresariais e outros tantos polos sindicatos (1 de UGT, 2 de CC.OO., 1 de CIG e 1 de USO).

A comisión reunirase por solicitude de calquera das partes, logo da convocatoria, cunha antelación de 3 días, e deberá acompañar á convocatoria a proposta da orde do día, por escrito.

Artigo 19º-Incorporación ó servicio militar ou prestación social substitutoria.

O traballador que leve máis dun ano na mesma empresa, percibirá dela, ó tempo de incorporarse ó servicio militar ou PSS, a cantidade de 20.000 ptas. Reincorporado ó traballo, concluído o servicio militar ou PSS, percibirá da empresa a cantidade de 20.000 ptas.

Artigo 20º.-Incapacidade temporal do traballador.

No caso de incapacidade temporal do traballador, tanto derivada de accidente como de enfermidade, a empresa completará o 100% do salario real (salario base e pluses) mentres dure tal situación.

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias de casinos e sociedades recreativas.

Todo o persoal que preste os seus servicios en casinos e sociedades recreativas, terá dereito ó percibimento, ademais das gratificacións extraordinarias do 25 de xullo e Nadal, dunha paga o día 5 de outubro de cada ano, sen distinción de categorías nin actividades. As ditas gratificacións poderán ser compensadas e absorbidas polas empresas, en cómputo anual, con aquelas outras que, voluntariamente, viñeran aboándose ós traballadores destas empresas. Non computará o plus de transporte e vestiario.

Artigo 22º.-Plus de actividade de casinos e sociedades recreativas.

Todo o persoal que preste os seus servicios en casinos e sociedades recreativas terá dereito ó percibimento dun plus de actividade na contía de 2.000 pesetas ó mes.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitaranlle ó seu persoal dous uniformes ó ano, naqueles supostos nos que a empresa estableza condicións determinadas segundo o modelo ou cor da roupa que van empregar durante a xornada de traballo, excluíndose, polo tanto, desta obriga o emprego de pantalón negro e camisa branca.

O mencionado uniforme será de emprego obrigatorio por parte do persoal durante a xornada laboral, dentro dos locais da empresa ou fóra deles, exclusivamente no caso de que a saída sexa en cumprimento das súas funcións laborais.

Os traballadores deberán empregar e conservar con dilixencia os uniformes, que recibirán en calidade de depósito e que devolverán no caso de cesar na empresa.

Artigo 24º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas perante o período comprendido entre as 12 da noite e as 8 da mañá, terán unha retribución específica incrementada nun 25% respecto do salario base.

Artigo 25º.-Posibilidade de corrección de erros na táboa.

No suposto de detectación dun erro nas táboas salariais do convenio, de acordo cos criterios cos

que se teña elaborado, reunirase a comisión mixta paritaria para corrixilo.

Artigo 26º.-Póliza de seguros.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio subscribirán unha póliza de accidentes que, no caso de pasamento do traballador ou traballadora, o seu cónxuxe ou os herdeiros legais, 1.500.000 ptas. e, no caso de invalidez permanente, o traballador ou traballadora percibirá 2.000.000 de ptas.

Artigo 27º.-Período de proba.

No ámbito de aplicación do presente convenio poderá pactarse por escrito un período de proba con suxeición ós seguintes límites de duración:

* Técnico titulado: 6 meses.

* Resto dos traballadores: dous meses.

Artigo 28º.-Contratación eventual.

Os contratos de duración determinada regulados no artigo 15.1º.b) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, poderán ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses.

A posibilidade de concertar contratos eventuais dos previstos no artigo 15.1º.b) do Real decreto lexislativo 1/1995, coa duración máxima prevista no presente artigo non poderá empregarse para o caso dos contratos concertados por tempo inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ó mes.

Artigo 29º-Formación profesional.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicales asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Asociación de Empresarios de Salas de Festas e Discotecas de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecte ó sector da hostalería, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como os que se poidan programar en adiante.

-Facer plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 30º-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ambas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo da convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxetivos prioritarios:

1º Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2º Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten á integridade física e á saúde dos traballadores.

3º Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4º Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo, no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 31º.-AGA.

As partes asinantes deste convenio consideran o Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA) como a canle idónea para a solución dos coflictos colectivos laborais.

Disposición adicional

Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da tardía publicación do presente convenio deberán aboarse dentro dos dous meses seguintes á publicación do presente convenio no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Entenderanse por soldos anuais, o resultado de multiplica-los salarios mensuais por 14 (12 mensualidades e 2 pagas extraordinarias) excepto para o persoal que preste os servicios en casinos e sociedades recreativas xa que, neste caso, o soldo anual será o resultado de multiplica-los salarios mensuais por 15 (12 mensualidades e 3 pagas extraordinarias).

Táboa de salarios 1997

Convenio colectivo provincial de hostelaría de Lugo

Táboa salarial

Establecementos da sección primeira

Hoteis, hostais e balnerairos

5 estrelas

S. basePlus

4 estrelas

S. basePlus

3 estrelas

S. basePlus

2 estrelas

S. basePlus

1 estrela

S. basePlus

* Persoal de recepción
Xefe de recepción e Cont. xeral100.71120.57097.21519.90193.94319.656
Xefe Seg. e Recepc. e caixeiro 87.40218.96783.91818.61680.83817.840
Contable 97.21520.00093.94319.63690.45519.30687.40218.96780.85518.278
Recepcionista 84.68918.85781.07618.28877.80418.28875.73816.38675.4839.615
Interventor e Ofic. Administr.

Axt. administr. e telefonista

Axt. Recep. porteiro Serv.

78.67117.976

75.77917.427

75.64513.764

75.51710.513

75.4729.415

* Persoal de conserxería
Primeiro conserxe de día 81.07618.28877.80417.94575.73816.38675.60812.89175.4729.415
Conserxe de noite 78.67117.97675.77917.47474.23913.76475.51710.51382.81010.513
Vixilante de noite 75.64413.76575.51710.51375.51710.51375.51710.51375.51710.513
Axudante de conserxe 75.64413.76575.64513.76575.51710.51375.51710.51375.51710.513
Mozo, mozo dos recados 75.51710.51375.51710.51375.51710.51375.51710.51375.51710.513

* Persoal de cociña
Xefe de cociña105.09921.613101.59420.82296.67219.90195.25219.70581.07618.288
2º xefe 91.11019.329 87.62818.95787.59618.59181.07618.28877.80417.945
Cociñeiro Repost. 81.07618.288 78.67117.97675.76324.06475.70315.58475.59912.254
Axud. cociña. Pinche 81.05117.635 75.77917.47475.59412.47275.51710.51375.51710.513
Fregadora 75.51710.513 75.51710.51375.51710.51375.51710.51375.51710.513
Encarg. Economato. Bodegueiro 82.16618.338 78.67117.97675.76417.10975.71115.73075.64513.764

* Persoal de Comedor
Xefe de comedor106.41821.158102.46320.85796.66620.58299.18720.79483.47518.594
2º xefe de comedor 92.63919.606 91.11019.33089.36719.26486.53418.97580.42318.261
Camareiro e similar 82.16618.340 80.42318.26178.67117.97676.93817.90976.93817.909
Axudante 75.77917.474 75.64413.76775.51710.51375.51710.51375.51710.513

* Persoal de pisos
Gobernanta 85.22818.88182.17518.60082.16518.32775.77917.47475.64513.765
Sub-gobernanta 78.66117.75475.64513.76575.59412.47275.51710.51375.51710.513
Camareira de pisos 75.59412.47275.51610.51375.51710.51375.51710.51375.51710.513

Hoteis, hostais e balnerairos

5 estrelas

S. basePlus

4 estrelas

S. basePlus

3 estrelas

S. basePlus

2 estrelas

S. basePlus

1 estrela

S. basePlus

* Persoal de lencería e limpeza
Encargado lencería e lavado 75.71215.73075.64512.36075.59412.47275.51710.51375.4238.103
Pasadora de ferro, Cost., Zurci., lencería

Lim. e persoal de limpeza

75.51710.513

75.51610.513

75.51710.513

75.51710.513

75.51710.513

* Persoal de servicios auxiliares
Encargado de traballos 84.57318.92981.08818.50678.03318.17075.74416.59875.65914.422
Mecánico e calefactor 81.08818.50678.03318.17075.74416.59875.61913.30075.51710.513
Ebanista, carpinteiro, electricista,

albanel, pintor, Axud. ebanista, Axud.

carpinteiro, Axud. albanel, e fontaneiro

75.64513.765

75.59412.472

75.51710.513

75.81410.513

75.51710.513

Xard. conductor (chofer) 78.67117.97676.93817.90975.77917.47475.64513.76575.64513.765

(Ó persoal feminino facilitaráselle o aloxamento adecuado).
(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Establecementos da sección segunda

Hostais, pensións, fondas e C.H.

3 estrelas

S. basePlus

2 estrelas

S. basePlus

1 estrela

S. basePlus

* Persoal de conserxería
Conserxe de día-noite76.51112.69575.51710.51375.51710.513
Viaxante de noite75.56011.60175.56011.60175.56011.601

* Persoal de Recep. e contabilidade
Telefonista75.51710.51375.51710.51375.51710.513
Recepcionista-caixeiro75.73717.79175.73716.38675.73716.386

* Persoal de cociña
Xefe de cociña90.05520.16076.93817.90976.93817.909
Cociñeiro75.67814.64075.60912.89175.60912.891
Cociñeiro axudante75.51710.51375.51710.51375.51710.513

Hostais, pensións, fondas e C.H.

3 estrelas

S. basePlus

2 estrelas

S. basePlus

1 estrela

S. basePlus

* Persoal de comedor
Xefe de comedor95.25419.70576.93817.90976.93817.909
Camareiro80.41318.04476.93817.90976.93817.909
Axudante camareiro75.55110.51375.51710.51375.51710.513

* Persoal de pisos
Encargado de pisos75.64513.76575.51710.51375.4729.415
Camareira de pisos75.4729.41575.4729.41575.4729.415
Encarg. lencería, Lavad., Cost.,

pasadora de ferro, zurcidora

75.59412.472

75.51710.513

75.51710.513

Lavand., Limp. persoal limpeza75.4729.41575.4729.41575.4729.415

* Persoal de servicios auxiliares
Persoal de mantemento75.73816.38675.67614.60175.67614.601
Conductor (chofer)75.76417.03975.70315.51275.70315.512

(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Establecementos da sección terceira

Restaurantes

5 garfos

S. basePlus

4 garfos

S. basePlus

3 garfos

S. basePlus

2 garfos

S. basePlus

1 garfo

S. basePlus

1º xefe de comedor104.21521.114102.46320.85799.46920.51399.18720.51383.47518.598
2º xefe de comedor 92.63919.606 91.11019.33089.36719.26487.65218.97579.33418.222
Camareiro 82.16618.331 80.42318.26178.67118.30776.93817.90976.93817.909
Axudante 80.40818.261 76.93817.90975.71215.73075.64513.76575.64513.765

* Persoal de varios
Contable xeral 93.50919.639 90.23719.28881.31518.29875.70115.51275.64513.765
Caixeiro 76.93817.909 75.70315.51275.51710.51375.51710.51375.51710.513
Limpadora (xornada completa) 75.4739.415 75.4739.41575.4739.41575.4739.41575.4739.415
Limpadora (media xornada) 42.88313.510 42.88313.53442.88313.53442.88313.53442.88313.534

* Persoal cociña
Xefe de cociña105.08321.178101.59420.82298.32020.47995.25216.67580.41318.172
2º xefe de cociña 91.11020.592 85.73918.97584.56418.63881.07618.28877.71917.731
Cociñeiro reposteiro 83.47518.598 80.41318.04676.93817.90976.61415.51275.64513.765
Axud. cociña. Pinche 75.77917.474 75.64513.76575.59412.47275.51710.51375.51710.513
Encargado economato, de adega

e adegueiro

76.93917.909

77.40415.515

75.59312.472

75.51710.513

75.51710.513

(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Establecementos da sección cuarta

Cafeterías, establecementos con

mostrador e sala

Espec. (3 cuncas)

S. basePlus

1ª (2 cuncas)

S. basePlus

2ª (1 cunca)

S. basePlus

Encargado87.62818.97583.47518.59780.41318.046
Dependente80.41318.04675.70315.51275.64413.765
Axudante75.59412.47275.51910.51375.51910.513
Encargado almacén, de prancha,

cociñeiro e reposteiro

75.76317.187

75.70315.512

75.64513.765

Mozo almacén75.76317.18775.69215.51275.4729.415
Contable79.35318.00275.70315.51275.51710.513
Caixeiro, Axud. oficina e caixa75.51710.51375.51710.51375.51710.513

(O persoal do mostrador, sala e cociña de cafeterías que sirvan comidas e que teña un horario de

traballo que coincida co aludido servicio de comidas, terá dereito a manutención).

Establecementos da sección quinta

Cafes, bares, cervexerías,

chocolaterías e xeladerías

S. basePlus

S. basePlus

S. basePlus

Reposteiro75.76417.18775.70315.51275.64513.765
Cafeteiro adegueiro75.64513.76575.64513.76575.64510.513
Caixeiro Axud. cociña75.64510.51375.64510.51375.64510.513
Contable76.93817.90975.70315.51275.70315.512
Encargado, xefe de sala86.96018.95078.38917.96676.93817.908
Dependente camareiro76.93817.90976.91915.51275.70315.512
Axud. dependente75.51710.51375.51710.51375.51610.513

Cafes-bares americanos

e whisquerías

Única

Barman96.78419.985
2º barman86.95418.950
Axudante barman75.70315.512

Establecementos da sección sexta

Salas de festas, disctotecas, etc.,

Luxo

S. basePlus

S. basePlus

S. basePlus

S. basePlus

Contable 93.50919.64090.23719.29675.32118.26175.32115.512
Caixeiro, vendedor de billetes, porteiro 75.64515.47075.59412.47275.64510.51375.64510.513
Auxiliar de oficina 75.64510.51375.64510.51375.64510.51375.64510.513

Especial

Dependente de 1ª 86.96018.95080.42318.26180.79715.16075.69415.160
Dependente de 2ª, axudante 75.57612.04575.51710.51375.51710.51375.51710.513
Barman, encargado de mostrador100.27720.55396.78419.98591.98620.55391.98319.581
2º barman 89.17119.25386.74218.36383.47518.59883.47518.598

Luxo e 1ª2ª e 3ª

1º xefe de sala100.06420.54893.51619.860
Camareiro 90.23719.29683.47718.598
Axudante 85.21518.66775.57612.046
Adegueiro 75.57612.04675.51710.513

Establecementos da sección sétima

Tabernas

Única

S. basePlus

Dependente75.70315.506
Dependente axudante75.59412.472

Establecementos da sección oitava

Casinos, sociedades recreativas

1ª e 2ª

S. basePlus

3ª e 4ª

S. basePlus

Xeral de 1ª113.42615.59495.82620.614
Xefe de 2ª103.40614.68487.16118.645
Oficial 1º administrativo101.88914.68485.64518.645
Oficial 2º administrativo 94.31014.38285.64518.645
Auxiliar administrativo 88.24714.10581.55310.610
Aspirante menor de 18 anos 70.05713.47156.84514.853
Conserxe 99.28814.68499.28818.191
Cobrador, Axud. conserxe, camareiro,

encargado sala

93.55114.382

82.61416.068

Orde. salón, Port. acceso, Port. Serv. 91.27714.23182.61412.581
Telef., vixilante noite e xardineiro 91.27714.23182.61412.581

Casinos, sociedades recreativas

1ª e 2ª

S. basePlus

3ª e 4ª

S. basePlus

Axud. camareiro, mozo dos recados

maior 18 anos e limpadora

82.61311.824

81.85510.610

Mozo dos recados menor

de 18 anos

63.23513.17062.27510.156

Establecementos da sección novena

Billares

Única

S. basePlus

Encargado de sala76.93817.909
Mozo de billar76.89512.472
Axudante75.51710.513
Oficial de mantemento75.79215.159

As limpadoras e fregadoras, nas categorías non especificadas na táboa salarial adxunta, terán un único salario de 75.471 ptas. e 9.415 de plus.

Os aprendices de 16 e 17 anos terán un único salario de 50.261 ptas. e de 13.967 ptas. de plus.

As categorías profesionais que puideran existir e non estiveran previstas na presente táboa salarial, asimilaranse a aquelas que teñan sinaladas igual retribución na ordenanza de hostalería.

Táboa de salarios 1998

Convenio colectivo provincial de hostelería de Lugo

Establecementos da sección primeira-Plus de transporte (común a tódalas categorías): 8.000 ptas.

Hoteis, hostais e balnearios5 estrelas

S. basePlus

4 estrelas

S. basePlus

3 estrelas

S. basePlus

2 estrelas

S. basePlus

1 estrela

S. basePlus

* Persoal de recepción
Xefe de recepción e Cont. xeral103.73213.187100.13112.49896.76112.246
Xefe Seg. e Recepc. e caixeiro 90.02411.536 86.43611.17483.26310.375
Contable100.13112.600 96.76112.22593.16911.88590.02411.53683.28110.826
Recepcionista 87.23011.423 83.50810.83780.13810.83778.0108.87877.7471.903
Interventor e Ofic. Administr.

Axt. administr. e telefonista

Axt. Recep. porteiro Serv.

81.03110.515

78.0529.950

77.9146.177

77.7832.828

77.7361.697

* Persoal de conserxería
Primeiro Conserxe de día 83.50810.837 80.13810.48378.0108.87877.8765.27877.7361.697
Conserxe de noite 81.03110.515 78.0529.99876.4666.17777.7832.82885.2942.828
Vixilante de noite 77.9136.178 77.7832.82877.7832.82877.7832.82877.7832.828
Axudante de conserxe 77.9136.178 77.9146.17877.7832.82877.7832.82877.7832.828
Mozo, dos recados 77.7832.828 77.7832.82877.7832.82877.7832.82877.7832.828

* Persoal de cociña
Xefe de cociña108.25214.261104.64213.44799.57212.49898.11012.29683.50810.837
2º xefe 93.84311.909 90.25711.52690.22411.14983.50810.83780.13810.483
Cociñeiro Repost. 83.50810.837 81.03110.51578.03616.78677.9748.05277.8674.622
Axud. cociña. Pinche 83.48310.164 78.0529.99877.8624.84677.7832.82877.7832.828
Fregadora 77.7832.828 77.7832.82877.7832.82877.7832.82877.7832.828
Encarg. Economato. Bodegueiro 84.63110.888 81.03110.51578.0379.62277.9828.20277.9146.177

* Persoal de Comedor
Xefe de comedor109.61113.793105.53713.48399.56613.199102.16313.41885.97911.152
2º xefe de comedor95.41812.19493.84311.91092.04811.842 89.13011.54482.83610.809
Camareiro e similar84.63110.89082.83610.80981.03110.515 79.24610.44679.24610.446
Axudante78.0529.99877.9136.18077.7832.828 77.7832.82877.7832.828

Hoteis, hostais e balnearios5 estrelas

S. basePlus

4 estrelas

S. basePlus

3 estrelas

S. basePlus

2 estrelas

S. basePlus

1 estrela

S. basePlus

* Persoal de pisos
Gobernanta87.78511.44784.64011.15884.63010.877 78.0529.99877.9146.178
Sub-gobernanta81.02110.28777.9146.17877.8624.846 77.7832.82877.7832.828
Camareira de pisos77.8624.84677.7812.82877.7832.828 77.7832.82877.7832.828

* Persoal de lencería e limpeza
Encargado lencería e lavado77.9838.20277.9144.73177.8624.846 77.7832.82877.686346
Pasadora de ferro, Cost., Zurci., lencería

Lim. e persoal de limpeza

77.7832.828

77.7812.828

77.7832.828

77.7832.828

77.7832.828

* Persoal de servicios auxiliares
Encargado de traballos 87.11011.497 83.52111.06180.37410.715 78.0169.09677.9296.855
Mecánico e calefactor 83.52111.061 80.37410.71578.0169.096 77.8885.69977.7832.828
Ebanista, carpinteiro, electricista,

albanel, pintor, Axud. ebanista, Axud.

carpinteiro, Axud. albanel, e fontaneiro

77.9146.178

77.8624.846

77.7832.828

78.0882.828

77.7832.828

Xard. conductor (chofer) 81.03110.515 79.24610.44678.0529.998 77.9146.17877.9146.178

(Ó persoal femenino facilitaráselle o aloxamento adecuado).
(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Establecementos da sección segunda

-Plus de transporte (común a tódalas categorías): 8.000 ptas.

Hostais, pensións, fondas e C.H.

3 estrelas

S. baseP. Vest.

2 estrelas

S. baseP. Vest.

1 estrela

S. baseP. Vest.

* Persoal de conserxería
Conserxe de día-noite78.8065.07677.7832.82877.7832.828
Viaxante de noite77.8273.94977.8273.94977.8273.949

* Persoal de Recep. e contabilidade
Telefonista77.7832.82877.7832.82877.7832.828
Recepcionista-caixeiro78.00910.32578.0098.87878.0098.878

* Persoal de cociña
Xefe de cociña92.75712.76579.24610.44679.24610.446
Cociñeiro77.9487.07977.8775.27877.8775.278
Cociñeiro axudante77.7832.82877.7832.82877.7832.828

Hostais, pensións, fondas e C.H.

3 estrelas

S. baseP. Vest.

2 estrelas

S. baseP. Vest.

1 estrela

S. baseP. Vest.

* Persoal de comedor
Xefe de comedor98.11212.29679.24610.44679.24610.446
Camareiro82.82510.58579.24610.44679.24610.446
Axudante camareiro77.8182.82877.7832.82877.7832.828

* Persoal de pisos
Encargado de pisos77.9146.17877.7832.82877.7361.697
Camareira de pisos77.7361.69777.7361.69777.7361.697
Encarg. lencería, Lavad., Cost.,

pasadora de ferro, zurcidora

77.8624.846

77.7832.828

77.7832.828

Lavand., Limp. persoal limpeza77.7361.69777.7361.69777.7361.697

* Persoal de servicios auxiliares
Persoal de mantemento78.0108.87877.9467.03977.9467.039
Conductor (chofer)78.0379.55077.9747.97777.9747.977

(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Establecementos da sección terceira

Restaurantes

5 garfos

S. basePlus

4 garfos

S. basePlus

3 garfos

S. basePlus

2 garfos

S. basePlus

1 garfo

S. basePlus

1º xefe de comedor107.34113.747105.53713.483102.45313.128102.16313.12885.97911.156
2º xefe de comedor 95.41812.194 93.84311.910 92.04811.842 90.28211.54481.71410.769
Camareiro 84.63110.881 82.83610.809 81.03110.856 79.24610.44679.24610.446
Axudante 82.82010.809 79.24610.446 77.9838.202 77.9146.17877.9146.178

* Persoal de varios
Contable xeral 96.31412.228 92.94411.867 83.75410.847 77.9727.97777.9146.178
Caixeiro 79.24610.446 77.9747.977 77.7832.828 77.7832.82877.7832.828
Limpadora (xornada completa) 77.7371.697 77.7371.697 77.7371.697 77.7371.69777.7371.697
Limpadora (media xornada) 44.1695.915 44.1695.940 44.1695.940 44.1695.94044.1695.940

* Persoal de cociña
Xefe de cociña108.23513.813104.64213.447101.27013.093 98.1109.17582.82510.717
2º Xefe de cociña 93.84313.210 88.31111.544 87.10111.197 83.50810.83780.05110.263
Cociñeiro reposteiro 85.97911.156 82.82510.587 79.24610.446 78.9127.97777.9146.178
Axud. cociña. Pinche 78.0529.998 77.9146.178 77.8624.846 77.7832.82877.7832.828
Encargado economato, de adega e

adegueiro

79.24710.446

79.7267.980

77.8614.846

77.7832.828

77.7832.828

(A manutención deste persoal é por conta da empresa).

Establecementos da sección cuarta

-Plus de transporte (común a tódalas categorías): 8.000 ptas.

Cafeterías, establecementos con

mostrador e sala

Espec. (3 cuncas)

S. baseP. Vest.

1ª (2 cuncas)

S. baseP. Vest.

2ª (1 cunca)

S. baseP. Vest.

Encargado90.25711.54485.97911.15582.82510.587
Dependente82.82510.58777.9747.97777.9136.178
Axudante77.8624.84677.7852.82877.7852.828
Encargado almacén, de prancha,

cociñeiro e reposteiro

78.0369.703

77.9747.977

77.9146.178

Mozo almacén78.0369.70377.9637.97777.7361.697
Contable81.73410.54277.9747.97777.7832.828
Caixeiro, Axud. oficina e caixa77.7832.82877.7832.82877.7832.828

(O persoal do mostrador, sala e cociña de cafeterías que sirvan comidas e que teña un horario de

traballo que coincida co aludido servicio de comidas, terá dereito a manutención).

Establecementos da sección quinta

-Plus de transporte (común a tódalas categorías): 8.000 ptas.

Cafes, bares, cervexerías,

chocolaterías e xeladerías

S. baseP. Vest.

S. baseP. Vest.

S. baseP. Vest.

Reposteiro78.0379.70377.9747.97777.9146.178
Cafeteiro adegueiro77.9146.17877.9146.17877.9142.828
Caixeiro Axud. cociña77.9142.82877.9142.82877.9142.828
Contable79.24610.44677.9747.97777.9747.977
Encargado, xefe de sala89.56911.51980.74110.50579.24610.445
Dependente camareiro79.24610.44679.2277.97777.9747.977
Axud. dependente77.7832.82877.7832.82877.7812.828

-Plus de transporte (común a tódalas categorías): 8.000 ptas.

Cafes-bares americanos

e whisquerías

Única

Barman99.68812.585
2º barman89.56311.519
Axudante barman77.9747.977

Establecementos da sección sexta

-Plus de transporte (común a tódalas categorías): 8.000 ptas.

Salas de festas, disctotecas, etc.,

Luxo

S. baseP. Vest.

S. baseP. Vest.

S. baseP. Vest.

S. baseP. Vest.

Contable 96.31412.22992.94411.87577.58110.80977.5817.977
Caixeiro, taquilleiro, porteiro 77.9147.93477.8624.84677.9142.82877.9142.828
Auxiliar de oficina 77.9142.82877.9142.82877.9142.82877.9142.828

Especial

Dependente de 1ª 89.56911.51982.83610.80983.2217.61577.9657.615
Dependente de 2ª, axudante 77.8434.40677.7832.82877.7832.82877.7832.828
Barman, encargado de mostrador103.28513.17099.68812.58594.74613.17094.74212.168
2º barman 91.84611.83189.34410.91485.97911.15685.97911.156

Luxo e 1ª2ª e 3ª

1º xefe de saa103.06613.16496.32112.456
Camareiro 92.94411.87585.98111.156
Axudante 87.77111.22777.8434.407
Adegueiro 77.8434.40777.7832.828

Establecementos da sección séptima

-Plus de transporte (común a tódalas categorías): 8.000 ptas.

Tabernas

Única

S. baseP. Vest.

Dependente77.9747.971
Dependente axudante77.8624.846

Establecementos da sección oitava

-Plus de transporte (común a tódalas categorías): 8.000 ptas.

Casinos, sociedades recreativas

1ª e 2ª

S. baseP. Vest.

3ª e 4ª

S. baseP. Vest.

Xeral de 1ª116.8298.062 98.70113.232
Xefe de 2ª106.5087.125 89.77611.204
Oficial 1º administrativo104.9467.125 88.21411.204
Oficial 2º administrativo 97.1396.813 88.21411.204
Auxiliar administrativo 90.8946.528 84.0002.928
Aspirante menor de 18 anos 72.1595.875 58.5507.299
Conserxe102.2677.125102.26710.737
Cobrador, Axud. conserxe, camareiro,

encargado sala

96.3586.813

85.0928.550

Orde. salón, Port. acceso, Port. Serv. 94.0156.658 85.0924.958
Telef., vixilante noite e xardineiro 94.0156.658 85.0924.958
Axud. camareiro, mozo dos recados

maior 18 anos e limpadora

85.0914.179

84.3112.928

Mozo dos recados menor

de 18 anos

65.1325.565 64.1432.461

Establecementos da sección novena

-Plus de transporte (común a tódalas categorías): 8.000 ptas.

Billares

Única

S. baseP. Vest.

Encargado de sala79.24610.446
Mozo de billar79.2024.846
Axudante77.7832.828
Oficial de mantemento78.0667.614

As limpadoras e fregadoras, nas categorías non especificadas na táboa salarial adxunta, terán un único salario de 77.735 ptas. e 9.697 de plus.

Os aprendices de 16 e 17 anos terán un único salario de 57.834 ptas. e de 14.386 ptas. de plus.

As categorías profesionais que puideran existir e non estiveran previstas na presente táboa salarial, asimilaranse a aquelas que teñan sinaladas igual retribución na ordenanza de hostalería.

9616