Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.922

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA

NORMAS de funcionamento do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

Na sesión celebrada polo Consello de Administración o pasado día 24 de setembro foron aprobadas as seguintes normas de funcionamento do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, que se publican no Diario Oficial de Galicia conforme o disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1. Composición.

De conformidade coas previsións contidas na Lei 27/1992, do 24 de novembro, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, e tendo en conta a orde do conselleiro de Obras Públicas, Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data 23-6-1998 (DOG nº 123 do 25 de xuño), a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria é a seguinte:

Presidente da Autoridade Portuaria.

Membros natos:

Capitán marítimo.

Director da autoridade portuaria.

Vocais:

4 representantes do Estado.

3 en representación do Concello da Coruña.

2 representantes da Cámara de Comercio.

1 en representación da Confederación de empresarios.

1 en representación da Asociación de Consignatarios da provincia da Coruña.

1 en representación da Asociación de Empresas Refinadoras de Petróleo.

1 representante dos sindicatos.

9 en representación da Xunta de Galicia.

De entre os seus vocais, e por proposta do presidente, o consello nomeará un vicepresidente.

O secretario será designado polo consello por proposta do presidente. Terá as funcións que a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, lles atribúe ós secretarios dos órganos colexiados.

A designación dos vocais efectuaraa a Xunta de Galicia por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, na forma prevista na Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Os vocais serán nomeados por un período de catro anos renovables. A separación dos vocais será acordada pola Xunta de Galicia por proposta das organizacións, organismos e entidades a que representen.

Os membros do consello non poderán atribuirse as funcións de representación recoñecidas a este, salvo que expresamente lles teñan sido outorgadas por unha norma ou por acordo expresamente adoptado, para cada caso concreto, polo propio consello.

2. Convocatoria e sesións.

Para a válida constitución do Consello de Administración, para efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a pre

sencia polo menos da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente, o vicepresidente e o secretario.

Os vocais poderanlle conferir a outro membro do consello a súa representación por escrito e para cada sesión. Se fixesen uso desta facultade, os vocais representados procurarán comunicarlle esta circunstancia e o nome do vocal representante ó secretario do consello no momento de delegaren o seu voto e, en todo caso, antes da celebración da sesión.

As sesións serán convocadas polo presidente ou polo vicepresidente no caso de asusencia de aquel, mediante a comunicación da orde do día subscrita polo secretario do consello, polo menos con setenta e dúas (72) horas de antelación. Á convocatoria xuntaráselle a orde do día e a copia da acta da sesión anterior.

A dita comunicación poderá realizarse por calquera medio que permitirá deixar constancia da recepción, incluído o telefax ou a conexión por vía informática.

Non será necesario cumpri-los requisitos de convocatoria cando se encontren reunidos tódolos membros do Consello de Administración e así o acorden por unanimidade.

A fixación da orde do día correspóndelle ó presidente, tendo en conta, se é o caso, as peticións dos restantes membros formuladas cunha antelación mínima de cinco días á celebración do consello.

Os membros do Consello de Administración terán á súa disposición, na secretaría do consello, polo menos setenta e dúas horas antes da sesión, a información sobre os temas que figuren na orde do día.

Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, salvo que estean presentes tódolos membros do órgano colexiado e sexa declarada de urxencia o asunto polo voto favorable da maioría.

As sesións poderán ser:

a) Ordinarias, as celebradas cunha periocidade mensual, salvo o mes de agosto, para trata-los asuntos de competencia do consello. Estas sesións celebraranse, normalmente, os últimos xoves de cada mes.

b) Extraordinarias, o presidente poderá convoca-la celebración de sesións extraordinarias para tratar dun asunto ou asuntos de interese ou de tratamento urxente e inaprazable ou polo menos un tercio dos membros do consello. A convocatoria neste caso efectuarase cunha antelación mínima de vintecatro horas, fixando a orde do día.

As convocatorias das sesións poderán ser por proposta da quinta parte dos membros do Consello de Administración. Neste caso, xunto coa proposta de convocatoria xuntarase proposta da orde do día.

Desenvolvemento das sesións.

As sesións, que non serán públicas, desenvolveranse no lugar sinalado na convocatoria, conforme a orde do día establecida, abríndose a sesión polo presidente, quen dirixirá as deliberacións e acordará o inicio, finalización ou suspensión, temporal, da sesión.

Co fin de informa-lo Consello de Administración respecto dalgún tema específico sometido á súa consideración, o presidente poderá acorda-la asistencia, durante o tempo preciso para iso, de calquera outra persoa que poida achegar información precisa sobre un asunto que se vaia tratar.

Unha vez concluída a discusión dos puntos comprendidos na orde do día e se non se suspende a sesión con anterioridade, os asistentes poderán formular rogos e preguntas que, se se solicita expresamente, serán incluídos na acta da sesión.

Non poderán adoptarse acordos respecto dos asuntos que se sometan a deliberación en rogos e preguntas.

No caso de suspensión, a deliberación e o voto dos asuntos non tratados incluiranse na seguinte convocatoria.

3. Votacións.

Os acordos serán adoptados por maioría de votos dos membros presentes ou representados. Salvo para o exercicio das competencias en que a Lei de portos do Estado e da mariña mercante esixa maioría absoluta dos membros do consello.

As votacións serán nominais, dirimíndose os empates co voto de calidade do presidente.

Os membros do Consello de Administración que o sexan pola súa condición de autoridades ou persoal ó servicio das administracións públicas, non poderán absterse nas votacións.

Os membros do Consello de Administración que así o desexen poderán formula-la súa explicación de voto, para a súa debida constancia na acta da sesión.

Os membros do Consello de Administración están obrigados a manter reserva absoluta con respecto ó contido das deliberacións e intervencións efectuadas polos seus membros dentro das súas sesións ordinarias e extraordinarias, independentemente das responsabilidades a que dera lugar a transmisión cara ó exterior da información recibida, considerada como confidencial.

Por instancia de calquera dos membros do consello, ou, se é o caso, da presidencia, poderase solicita-la celebración de votacións secretas, para os supostos de nomeamento dalgún membro para que represente o Consello de Administración e que poi

dan afectar de forma directa a calquera dos membros presentes ou ausentes, así como nos supostos a que se refieren as alíneas e) do artigo 40.5º e o artigo 43.1º da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

4. Actas.

O secretario levantará acta das sesións, na que constarán os asistentes, a orde do día da reunión, as circunstancias e tempo en que se celebraron, os puntos principais das deliberacións, o resultado das votacións, así como o contido dos acordos adoptados.

Calquera membro do Consello de Administración ten dereito a solicita-la transcrición íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que achege no acto, ou no prazo que sinale o presidente, o texto que se corresponda fielmente coa súa intervención, facéndose así constar na acta ou uníndose copia dela.

As actas serán visadas polo presidente, e formarase con elas libros anuais para a súa constancia no arquivo da Autoridade Portuaria da Coruña.

As actas aprobaranse na seguinte sesión do consello, non obstante o secretario poderá emitir certificación sobre os acordos específicos que se teñan adoptado, sen prexuízo da ulterior aprobación da acta. Nestas certificacións farase constar expresamente tal circunstancia.

5. Certificacións.

Os que acrediten a titularidade dun interese lexítimo poderán dirixirse ó secretario do Consello de Administración para que lles sexa expedida certificación dos seus acordos.

Esta certificación, que será subscrita polo secretario do Consello de Administración, será visada polo presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.

6. Notificación de actos e acordos.

Os acordos do Consello de Administración seranlle notificados a quen sexa parte no expediente ou sexa titular dun interese lexítimo en relación con eles, así como ós órganos de tutela ou fiscalización, cando así o dispoña a lexislación vixente.

As notificacións de carácter administrativo realizaranse consonte o disposto nos artigos 58 a 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e serán subscritas polo presidente. Para a emisión das notificacións non será preciso espera-la aprobación da correspondente acta.

Para todo o non disposto nas presentes normas, aplicarase con carácter supletorio a regulación contida na Lei de portos do Estado e da mariña mercante e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e réxime administrativo común.

Estas normas, unha vez aprobadas, serán publicadas no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de outubro de 1998.

Juan Manuel Páramo Neyra

Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña