Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra de dotación de servicios na EP Lourido-Campelo (Poio).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da devandita obra por importe de 18.000.000 de pesetas.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación e defintiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 8 de outubro de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

9494