Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, de diversas obras que se van realizar por convenio co Concello de Marín.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, das seguintes obras:

1. Renovación de beirarrúas e servicios na estrada a Figueirido en Coirados (Marín): 13.182.820.

2. Urbanización Travesía Dr. Ulloa (Seixo-Marín): 13.942.040.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación e definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 8 de outubro de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

9883