Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da xestión das escolas de primeira etapa de educación infantil Santa Cristina e Teis.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vigo. Dependencia: Educación, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 3730/332.

2. Obxecto do contratato. Descrición: servicio de xestión das escolas de educación infantil en Santa Cristina de Lavadores e Teis en Vigo.

Lotes: se é posible licitar a unha soa escola.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 50.000.000 de ptas (25.000.000 de ptas. por gardería).

5. Garantías.

Provisional: 1.000.000 de ptas.

Definitiva: 4% do prezo do contratrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo II (servicios), subgrupo 8 (outros servicios), categoría b.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 13/1995, e a técnica mediante a forma seguinte:

-Relación dos servicios e traballos realizados nos últimos tres anos neste campo.

-Titulación académica do persoal proposto para o desenvolvemento do servicio.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publicará no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo para a obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: secretaría xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: o primeiro martes seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 10.3º do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 20 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9892