Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da producción e subministración de carrozas para a cabalgata de reis 1999.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 5881/331.

2. Obxecto do contratato. Descrición: producción e subministración das carrozas e ornamentación do palco da cabalgata de reis do ano 1999.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: traballos rematados o 30 de decembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 7.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: nonn se esixe.

Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas no artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publicará no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo para a obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: secretaría xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3º do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 15 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9899