Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto da subministración de equipamento e máquinas para a realización de actividade física no ximnasio municipal do Carme de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 2161/333.

2. Obxecto do contratato. Descrición: subministración por lotes de equipamento e máquinas para a realización de actividade física no ximnasio municipal do Carme de Vigo.

Unidades que hai que entregar: véxase condicións técnicas.

Lotes:

Lote 1: elementos de libre uso para ximnasia (2.450.000 ptas.).

Lote 2: materiais para clases de aeróbic e ximnasia (1.480.000 ptas.).

Lote 3: máquinas de musculación (3.020.000 ptas.).

Lote 4: máquinas para traballos físicos aeróbicos (3.050.000 ptas.).

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: o que figura no punto 2 deste anuncio.

5. Garantías.

Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas no artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publicará no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo para a obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3º do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 26 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9897