Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do expediente de tramitación conxunta de modificación puntual do PERI núcleo vello e estudio de detalle, no ámbito da UA Praza do Rei (expediente 4702/411).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do 4 de setembro de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PERI núcleo vello e o estudio de detalle, no ámbito da unidade de actuación Praza do Rei, redactados polo arquitecto Leopoldo Salceda Alvite e visados polo COAG con datas do 4 de marzo de 1998 e do 24 de decembro de 1997 respectivamente. Sométense a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e a notificación persoal ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establecido nos artigos 42.1º e 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia. Signifícase que o prazo de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde o derradeiro. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Vigo, 1 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

9894