Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa aberta da subministración de formigón D-250 kg/m para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 24424/250.

2. Obxecto do contratato. Descrición: subministración de formigón D-250 kg/m.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 5.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contratrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas no artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publicará no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Plazo para a obriga de mante-la ofertas: vinte días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data: o primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.2º do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 13 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9893