Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación inicial de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipo, en Paxariñas-Adina.

A Corporación Municipal deste concello, en sesión celebrada o día 25 de setembro de 1998, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, en Paxariñas-Adina, que ten por obxecto a inclusión dun terreo que na actualidade está clasificado como solo rústico de protección forestal, dentro do ámbito do núcleo de recente formación delimitado pola COTOP, sendo de aplicación a ordenanza número 11 «Núcleo de recente formación».

Exponse o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia,, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

Sanxenxo, 9 de outubro de 1998.

José Luís Rodríguez Lorenzo

Alcalde

9466