Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESULUCIÓN do 28 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polo proxecto de ampliación das instalacións de Financiera Maderera, S.A. en Padrón.

Declarada expresamente a utilidade pública do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións de Financiera Maderera, S.A. en Padrón, por resolución da Secretaría Xeral de Industria de data 21 de outubro de 1998, que leva implícita a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios par a execución das referidas instalacións.

Ten a condición de beneficiaria deste expediente expropiatorio a entidade Financiera Maderera, S.A. (FINSA) con enderezo en Santiago de Compostela, Formarís s/n.

Para coñecemento e comparecencia dos propietarios dos predios que se conteñen na relación publicada no BOE, DOG e xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego de data 30-6-1998, excluídos os mutuos acordos logrados, propostos pola referida entidade beneficiaria ós que se lles practicará notificación individual para o efecto, e demais interesados, esta delegación acorda sinala-los días e horas que máis adiante se citan, para o levantamento das actas previas á ocupación nas oficinas da Casa do Concello de Padrón, sen prexuízo de desprazarse ós predios, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

Día 18 de novembro de 1998:

Ás 10 horas predios números 1 a 28, ás 11 horas predios números 29 a 56, e ás 12 horas predios números 58 a 75.

Día 19 de novembro de 1998:

Ás 10 horas predios números 76 a 103, ás 11 horas predios números 104 a 125, e ás 12 horas predios números 128 a 150 A.

Día 20 de novembro de 1998:

Ás 10 horas predios números 151 a 163, ás 11 horas predios números 165 a 183, e ás 12 horas predios números 184 a 224.

A Coruña, 28 de outubro de 1998.

Manuel Estévez Mengoti

Delegado provincial da Coruña en funcións

7782