Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de agosto de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dun parque de cultivo situado no lugar denominado Xunqueira do Chazo, ría de Arousa-Boiro, a prol de Mariscos Silva, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que lle foi adxudicada a concesión administrativa, mediante auto de aprobación e remate do 1-10-1996 decretado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, a Luis Silva López, o cal, pola súa vez a achega á S.L. Mariscos Silva, da que é coparticipe.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamandco a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación.

Tipo de establecemento: parque de cultivo.

Cultivo: ameixa fina (ruditapes decussatus), ameixa babosa (venerupis pullastra), ameixa xaponesa (ruditapes philippinarum) e ostra (ostrea edulis).

Localización: lugar denominado Xunqueira do Chazo, Boiro, distrito marítimo do Caramiñal.

Data da concesión: 30-12-1971 (BOE nº 14/1972).

Remate da vixencia: 17-1-2002.

Anterior concesionario: Huertas del Mar de Galicia, S.A.

Novo titular da concesión e parque de cultivo: Mariscos Silva, S.L.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 18 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9488