Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Cerámica Mas, S.A., no concello do Porriño. (Expediente 98/27).

Visto o escrito presentado pola empresa Cerámica Mas, S.A., con domicilio para efectos de notificacións no Cerquido, O Porriño (Pontevedra), solicitando a autorización administrativa dunha planta de coxe

ración que se vai instalar no concello do Porriño, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data de 17 de decembro de 1997, a planta de coxeración de enerxía eléctrica prevista pola empresa Cerámica Mas, S.A. foi incluída no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e otras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, dictada en desenvolvemento da Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía.

Segundo.-As características básicas da planta de coxeración prevista serán as seguintes:

-Un grupo motor-xerador alimentado por gas natural, de 1.375 kVA, tensión de xeración 380 V; potencia activa total 1.100 kW.

-Instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra dictou Resolución do 15 de abril de 1998 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 26-5-1998 e no BOP de Pontevedra do 22-6-1998 sen que se presentase no período legalmente establecido para isto alegación ningunha.

Cuarto.-Do proxecto emitiu informe favorable a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e cumpre coas exixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Cerámica Mas, S.A., que se vai situar nas súas instalacións do termo municipal do Porriño, na provincia de Pontevedra.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá

inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no Art. 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9901