Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.899

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (84/1998-M).

Eu, Maria Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis se Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de

xuízo de faltas número 84/1998, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o nove de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 84/1998 seguidos neste xulgado sobre conducción dun vehículo de motor carecendo do seguro obrigatorio, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante Carlos Gegunde Choren, e o denunciado Vicente Moreno Gorreta.

Debo absolver e absolvo libremente a Vicente Moreno Gorreta da falta do artigo 636 do Código Penal pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Vicente Moreno Gorreta, con domicilio descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o nove de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

9569