Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.899

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (29/1998).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas número 29/1998, por lesións, nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela o vintedous de setembro de mil novecentos noventa e oito.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 29/1998 seguidos neste xulgado sobre lesións, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante Begoña Abad Cueto; e o denunciado Juan Antonio Souto Rivas.

Decido: debo absolver e absolvo a Juan Antonio Souto Rivas da falta de lesións pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e sirva de notificación a Begoña Abad Cueto, en paradoiro descoñecido, expido selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o catorce de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

9568