Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas número 94/1998, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:
«Sentencia. En Santiago de Compostela o nove de outubro de mil novecentos noventa e oito.
Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 94/1998, seguidos neste xulgado sobre conducción dun vehículo de motor carecendo do seguro obrigatorio, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante José A. Álvarez Quintáns, asistido da letrada Esperanza Cobas Prieto e o denunciado Juan Carlos Canabel Arnejo.
Debo absolver e absolvo libremente a Juan Carlos Anabel Arnejo da falta do artigo 636 do Código Penal
pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.
Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.
Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en forma a Juan Carlos Canabel Arnejo, con domicilio descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o nove de outubro de mil novecentos noventa e oito.
A secretaria
Rubricado
9533